Bell 8000
Familia de motores foguete desenvolvidos nos Estados Unidos. From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Bell 8000 é a denominación dunha familia de motores foguete fabricados por Bell para os foguetes Agena e que utilizaban ácido nítrico e UDMH como propelente.[1]

Variantes
Bell 8048 (LR81-B-1)
Foi usado nos Agena A. Trátase dun motor refrixerado rexenerativamente que voou por primeira vez en 1959.[2]
Especificacións [2]
- Masa: 127 kg
- Diámetro: 1,52 m
- Pulo: 68,9 kN
- Impulso específico: 276 s
- Tempo de combustión: 120 s
- Cantidade: 20
Bell 8081 (XLR81-BA)
Foi usado nos Agena B, á súa vez usado como etapa superior xunto con foguetes Thor ou Atlas. Era capaz de ata 2 reencendidos.[3]
Especificacións [3]
- Masa: 130 kg
- Diámetro: 1,52 m
- Pulo: 71,2 kN
- Impulso específico: 285 s
- Tempo de combustión: 240 s
- Cantidade: 156
Bell 8096 (YLR81-BA)
Foi usado nos Agena D, á súa vez usado como etapa superior xunto con foguetes Thor, Atlas e Titan. Era capaz de ata 8 reencendidos.[4]
Especificacións [4]
- Masa: 132 kg
- Diámetro: 1,52 m
- Pulo: 71,2 kN
- Impulso específico: 293 s
- Tempo de combustión: 265 s
- Cantidade: 175
Bell 8247 (XLR81-BA-13)
Foi o motor usado vehículo-obxectivo Agena para o programa Gemini, cunha capacidade de 15 reencendidos. Voou por primeira vez en 1963.[5]
Especificacións [5]
- Masa: 132 kg
- Diámetro: 1,52 m
- Pulo: 71,2 kN
- Impulso específico: 291 s
- Tempo de combustión: 240 s
- Cantidade: 248
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads