Benedicto Blanco
maquis galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Benedicto Blanco Dobarro, nado en Avión e executado polos nazis en Nantes o 13 de febreiro de 1943, foi un maquis galego.[1]
Traxectoria
Era membro e un dos máximos responsables da Organisation Spéciale (OS) dos Francs-Tireurs et Partisans (FTP), creados polo Partido Comunista Francés. Calcúlase que ó inicio da segunda guerra mundial tiña uns 18 anos, polo que posiblemente non deixase descendencia, non existindo referencias familiares que permitan saber máis sobre a súa vida.
Foi detido e xulgado pola Gestapo nun proceso sumarísimo, "o proceso dos 42", celebrado o 16 de setembro de 1942, simulacro de xuízo que a ocupación alemá artellou para escarmentar as continuas sabotaxes dos resistentes. Foi encarcerado, torturado e fusilado o 13 de febreiro de 1943, xunto con outros 37 maquis, entre eles o seu paisano Alfredo Gómez Ollero, de Paderne de Allariz.
Le Colectif du Procés des 42, unha organización dedicada á recuperación da memoria histórica dos 37 executados polos nazis, descubriu o 13 de febreiro de 2006 en Nantes un monumento na súa honra.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads