Benjamin Altman

From Wikipedia, the free encyclopedia

Benjamin Altman
Remove ads

Benjamin Altman, nado o 12 de xullo de 1840 e finado o 7 de outubro de 1913, foi un empresario estadounidense de Nova York. Foi coñecido por crear a compañía B. Altman en 1865, e tamén por ser un grande amante e mecenas da arte, en especial do pintor Rembrandt. Altman chegou a ter unha importante colección de pinturas que doou ao Museo Metropolitano de Arte de Nova York.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Biografía

Benjamin Altman veu dunha familia de xudeus de Baviera, que emigraron a América en 1835 e onde abriron unha pequena tenda na Attorney Street de Nova York. Despois de traballar na tenda de mercadorías de seu pai, Altman estableceuse por conta propia. En 1865, fundou B. Altman & Co, unha tenda de tecidos situada na Terceira Avenida ao longo 10th Street, en Nova York. Co paso dos anos a tenda prosperou e puido ampliar por outros lugares. En 1877, abriu unha tenda en Sixth Avenida, coñecida como o "Palacio do Comercio" pola súa arquitectura de luxo, a tenda de Altman foi un dos primeiros en ter roupa para diferentes idades e en seccións diferentes.[1]

Altman utilizou a súa riqueza para financiar diversas iniciativas na súa cidade natal. Pouco antes do seu falecemento creou a Fundación Altman, unha organización benéfica para dar apoio ás institucións educativas da cidade de Nova York.

Remove ads

Colección de artes

Benjamin Altman era un gran coleccionista de pinturas de Rembrandt e porcelana oriental. Á súa morte, doou a colección ao Museo Metropolitano de Arte. A colección tamén contén retratos notables de comerciantes flamengos e alemáns do Renacemento.[2]

Pinturas do legado de Benjamin Altman, 1913

Máis información Imaxe, Título ...
Remove ads

Notes

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads