Bento Gonçalves
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Bento Gonçalves é un municipio brasileiro do estado de Río Grande do Sur. Atópase no medio da Serra Gaúcha, a 125 km de Porto Alegre, capital do estado. Localízase a 691 metros de altitude. A súa poboación en 2007 era de 100.643 habitantes.
A cidade é recoñecida como a "Capital Brasileira do Viño" e o segundo maior polo de fabricación de mobles do país. Está en 1° lugar no Índice de Desenvolvemento Humano (IDH) no Río Grande do Sur, e no 6° lugar no Brasil, de acordo coa Organización das Nacións Unidas.
Foi fundada por inmigrantes italianos en 1875, e foi transformada en cidade en 1890. O seu gran desenvolvemento turístico ocorreu despois de 1967, cando foi organizada a I FENAVINHO ("Festa Nacional do Viño"), mostrando a produción local de viño e uva para todo o país.

Remove ads
Véxase tamén
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bento Gonçalves |
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads