Bergondo, Bergondo
parroquia civil do concello de Bergondo From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
San Salvador de Bergondo[1] é unha parroquia que se localiza no nordeste do concello de Bergondo na comarca da Coruña. Segundo o IGE en 2018 tiña 1.459 habitantes (748 mulleres e 711 homes) distribuídos en 14 entidades de poboación, o que supón un aumento en relación ao ano 1999 cando tiña 1422 habitantes.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bergondo.
Remove ads
Cultura
Topónimo
Bergondo podería ser, para algúns autores, un topónimo cunha raíz celta "berg" ou "ver" e que se referirían a un alto (no caso de berg) ou a unha pena (no caso de ver).[2][3][4] Para outros autores sería un antropónimo latino e ligado á cristiandade que xorde de "Verecundus".[5][4][3] O topónimo data de entre o século VII e X.[4]
Patrimonio
A igrexa parroquial de Bergondo formaba parte do Mosteiro de San Salvador de Bergondo.
Na parroquia sitúase o Pazo de Mariñán.
Remove ads
Galería de imaxes
- Igrexa de San Salvador de Bergondo.
- Cruceiro coa Igrexa de San Salvador.
- San Salvador de Bergondo.
- Portada setentrional da igrexa de San Salvador.
Lugares e parroquias
Lugares de Bergondo
Lugares da parroquia de Bergondo no concello de Bergondo (A Coruña) | |
---|---|
Bergondiño | A Campiña | O Caño | Carrio | Codesido | Cortes | Covas | Cruz de Sar | A Lameira | As Leiras | Mariñán | Miodelo | Montecelo | Saioso | San Cidre | Sanín | Vilanova |
Parroquias de Bergondo
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads