Beyond
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Beyond é o oitavo álbum de estudio da banda estadounidense de rock alternativo Dinosaur Jr., publicado o 1 de maio de 2007 a través do selo Fat Possum Records. Foi o seu primeiro disco nunha década despois do Hand It Over de 1997, e o primeiro coa formación orixinal do grupo dende o Bug de 1988.
Remove ads
Promoción
A banda planeou unha xira mundial en 2007[1] e tocou o tema "Almost Ready" no programa Late Show with David Letterman para promocionar o álbum.[2] Realizouse un vídeo para "Been There All the Time", con Thurston Moore de Sonic Youth e a súa filla Coco. O vídeo foi dirixido por Matt Dillon.[3]
Edición
O álbum foi publicado a través do selo Fat Possum Records nos Estados Unidos[4] e a través de Play It Again, Sam en Europa,[5][6] Australia, Nova Zelandia[7] e o Xapón.[8] Tamén foi editado en Ucraína a través do selo Moon Records.[9] As versións de edición limitada tanto de Fat Possum como de PIAS conteñen un disco de 7" extra co tema "Yer Son".[10][11] Os respectivos selos reeditarían o álbum en 2014, 2015 e 2016,[12] tendo o último deles unha versión descargable en MP3.[13]
Remove ads
Listaxe de cancións
Tódolos temas escritos e compostos por J Mascis agás onde se indique.
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads