Bhaskara 2

Satélite artificial da India. From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

Bhaskara 2 foi un satélite artificial da India lanzado o 20 de novembro de 1981 mediante un foguete ruso Kosmos 3M desde Kapustin Yar.[1][2][3][4]

Datos rápidos Tipo, Organización ...
Remove ads

Características

Bhaskara 2, chamado así en honor ós matemáticos indios Bhaskara I e Bhaskara II, estivo adicado á observación dos recursos terrestres e en particular ás áreas de hidroloxía, a silvicultura e a xeoloxía mediante un sistema de cámaras de televisión de dúas bandas. Estudou tamén os océanos cun radiómetro microondas de dúas frecuencias (SAMIR, polas siglas en inglés).[1][4]

Como obxectivos secundarios, Bhaskara 1 levaba a bordo experimentos relacionados con sistemas de procesamento e xestión de datos e para a recolección limitada de datos meteorolóxicos de estacións remotas.[1][4]

O satélite tiña forma de poliedro de 26 caras, cunha altura de 1,66 m e un diámetro de 1,55 m. Tras cumprir a súa misión foi apagado en marzo de 1981. Reentrou na atmosfera o 30 de novembro de 1991.[1][3][4]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads