Bi Sheng

From Wikipedia, the free encyclopedia

Bi Sheng
Remove ads

Bi Sheng (chinés tradicional: 畢昇; chinés simplificado: 毕昇; pinyin: Bì Shēng; Wade-Giles: Pi4 Sheng1), nado en 972 e finado en 1051, foi un artesán, enxeñeiro e inventor chinés da dinastía Song, coñecido por crear a primeira imprenta de tipos móbiles. O seu sistema empregaba pezas de arxila cocida, unha por cada carácter chinés. A imprenta é considerada na China un dos Catro Grandes Inventos.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Bi Sheng naceu nunha familia plebea, polo que pouco se sabe da súa vida agás a súa invención.[1] Deseñouna entre 1039 e 1048. A única fonte relativa á imprenta de Bi Sheng é o Meng xi bitan 夢溪筆談 (1088) de Shen Kuo (1031-1095). O libro ofrece unha descrición técnica do mecanismo:

Durante o reinado de Qingli (1041-1048), Bi Sheng, un home sen posto oficial, inventou os tipos móbiles. O seu método era o seguinte. Primeiro, preparaba unha prancha de ferro. A continuación, tomaba a arxila e a cortaba para formar os caracteres, tan finos como o canto dunha moeda. Cada carácter formaba, por así dicilo, un único tipo. Despois, cocíaos no lume para endurecelos, e cubría a prancha cunha mestura de resina de piñeiro, cera e cinzas de papel. Para imprimir, tomaba un marco de ferro e dispoñíao sobre a prancha, onde logo ordenaba os caracteres, formando un bloque de tipos. Logo, colocábao sobre o lume para quentalo. Cando a pasta da prancha estaba lixeiramente fundida, tomaba unha táboa lisa e premía sobre a superficie, para que o bloque saíra o máis uniforme posible.[2]
Remove ads

Influencia

Thumb
Bi Sheng e a súa invención no Museo da Imprenta da China (Beijing)

Un oficial do goberno, Wang Zhen (fl. 1290-1333), mellorou o sistema de Bi Sheng usando madeira e incrementando a velocidade de impresión. Máis adiante, cara a 1490, o adiñeirado impresor Hua Sui (1439-1513) deseñou un sistema baseado en bronce.

Porén, durante os séculos posteriores ao pasamento de Bi Sheng a imprenta de tipos móbiles apenas foi mencionada ou descrita. Unha versión de madeira fíxose popular durante a dinastía Qing, mais non substituíu á imprenta de bloques, probablemente polo custo de crear tantas pezas para os caracteres.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads