Bibiano
músico e compositor galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Bibiano Adonis Morón Giménez, máis coñecido como Bibiano, nado en Santiago de Compostela o 21 de decembro de 1950 e finado en Vigo o 28 de decembro de 2016, foi un músico e compositor galego.
Remove ads
Traxectoria
Fillo de Adonis Morón Silva. Iniciouse na canción galega comprometida no ano 1970, nos derradeiros tempos de Voces Ceibes. O seu primeiro concerto foi no colexio do Opus Dei "La Estila" de Santiago nese mesmo ano. Incorporouse á nova canción galega nos anos do fin do franquismo.
Foi especialmente famoso o concerto que deu acompañado polo tamén membro de Voces Ceibes Benedicto García Villar o 25 de xuño de 1976 no Pavillón dos Deportes da Coruña. O concerto, en solidariedade co dirixente comunista Santiago Álvarez, preso no penal de Carabanchel, converteuse nun acto de reivindicación galeguista e nun dos fitos culturais máis importantes da transición en Galicia.[1]
A súa achega foi incorporar percusión e instrumentos eléctricos (fundamentalmente a guitarra eléctrica) na canción galega, que até entón só era de voz e guitarra española.
Deu moitos concertos con Vicente Araguas e foi militante moito tempo de CCOO. Máis tarde trasladouse a Vigo, onde rexentou unha discoteca. Gravou varios discos. Nos últimos anos dedicouse á produción de eventos musicais en Vigo e rexentou un céntrico restaurante dende 1990 ata 2009.
Remove ads
Discografía
Álbums
- Estamos chegando o mar (1976)
- Alcabre (1977)
- Aluminio (1979)
EP
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads