Billy Owens

baloncestista estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Billy Owens
Remove ads

Billy Eugene Owens, nado o 1 de maio de 1969 en Carlisle, Pensilvania, é un ex xogador americano de baloncesto profesional.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...

No ano sénior co instituto, Owens acadou 34 puntos por partido, e liderou ao Carlisle High School (Pensilvania) a catro títulos consecutivos. Dicíase que ía ser o segundo xogador mellor preparado de 1988, por detrás de Alonzo Mourning.

Xogou para o equipo nacional de baloncesto dos Estados Unidos no Campionato do Mundo da FIBA de 1990, onde gañou a medalla de bronce.[1]

Foi seleccionado polos Sacramento Kings no Draft da NBA de 1991. Con todo, foi traspasado aos Golden State Warriors a cambio do anotador Mitch Richmond.[2] A pesar de que o traspaso fora considerado por moitos coma desigual, Owens deulle aos Warriors altura e rebotes. Acadou sobre 15 puntos e preto de 8 rebotes nas súas tres tempadas con Golden State. Owens xogou ademais nos Miami Heat, Sacramento Kings, Seattle SuperSonics, Philadelphia 76ers, e Detroit Pistons.

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads