Biso

From Wikipedia, the free encyclopedia

Biso
Remove ads

O biso[1] ou byssus é unha fibra natural obtida dos filamentos que segregan certos moluscos como a nacra (Pinna nobilis) para adherirse ás rocas na zona de marea. A súa elaboración desenvolvíase na área mediterránea (Tarento, Puglia —no sur de Italia— e a illa de Sardeña). Desde 1992 este molusco é unha especie protexida na Unión Europea e Croacia.[2]

Thumb
Pinna nobilis aberta e co seu biso.

Etimoloxía

O vocábulo biso, deriva do hebreo būṣ, 'liño fino'; do arameo bus; do grego βίσσος, 'un liño amarelado moi fino e o tecido que se obtén do'; do latín byssus, algodón fino. Así, orixinalmente, «biso» non só se refería ás secrecións dos moluscos senón tamén a diversos fíos finos —de liño, algodón ou seda— e os seus delicados tecidos.

Características

O biso é unha fibra extremadamente fina que cando se fía e se trata con zume de limón adquire unha cor dourada permanente.[3] Tecíanse prezados e custosísimos tecidos, coñecidos tradicionalmente como «biso» e na actualidade como «seda de mar», cos que se confeccionaban as roupas de personaxes importantes. Tamén se usaba a fibra para tricotar e conseguir xénero de punto.[4]

Así mesmo o biso tiña propiedades terapéuticas ben coñecidas polos pescadores; grazas ás súas potentes propiedades hemostáticas era usado para a curación das feridas que os pescadores frecuentemente sufrían cos aparellos para a pesca. Tamén se usaba para curar a otite.[5]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads