Bisonte das estepas

From Wikipedia, the free encyclopedia

Bisonte das estepas
Remove ads

O bisonte das estepas ou estepario (Bison priscus),[1][2] foi unha especie de bisonte, hoxe extinta, que habitou en gran parte de Europa,[3] Asia Central,[4] Rusia, Manchuria e Norteamérica [5] durante o Plistoceno. É probábel que evolucionara orixinalmente en Asia, ao igual que moitos bóvidos actuais e outros elementos da fauna da última glaciación cos que compartiu hábitat.

Datos rápidos Clasificación taxonómica, Reino ...


Os bisontes das estepas eran animais similares aos actuais bisontes europeos, pero moito máis grandes e robustos, de cornos moito máis longos, e adaptados á vida en espazos abertos como as estepas e os límites da tundra.

As súas relacions coas especies de bisontes actuais non están totalmente claras, aínda que tende a asumirse que a especie deu orixe ao actual bisonte europeo a comezos do Holoceno a partir de formas menores como Bison priscus mediator, que se adaptaron ao novo medio máis cálido e boscoso que empezaba a substituír a tundra-estepa glacial en Europa. As subespecies xigantes de Asia e Norteamérica, como Bison priscus gigas, desapareceron sen descendencia ou deron lugar ao actual bisonte americano (Bison bison).[6]

En 1979 desenterrouse en Alasca o corpo conxelado dun macho de bisonte das estepas ao que se alcumou Blue Babe debido á cor azulada que tomara a súa carne durante o proceso (e porque, no folclore estadounidense, Blue Babe é un xigantesco touro azul, mascota do leñador Paul Bunyan). O animal presentaba evidencias de que fora cazado por un pequeno grupo de leóns americanios (Panthera leo atrox) [7] que o deberon abandonar poucas horas despois debido a que o cadáver comezara a conxelarse rapidamente (probabelmente, debido á caída da noite). Posteriormente chegou outro león que rompeu un dente ao intentar morder o corpo conxelado. Os científicos da Universidade de Alasca que encontraron a Blue Babe tiveron a ocasión de probar a súa carne e acharon que se preservara de forma aceptábel, con só un lixeiro sabor a terra.[8]

Existen evidencias de que, ademais do león, o home primitivo era un cazador habitual desta especie.

Os bisontes das estepas aparecen frecuentemente representados en pinturas rupestres de Francia e España, como nas das covas de Lascaux, Villairs, Font de Gaume e, especialmente, na de Altamira.[9]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads