Blogaliza

From Wikipedia, the free encyclopedia

Blogaliza

Blogaliza foi un proxecto lanzado por Pedro Silva, baixo o pseudónimo de Goretoxo, o 21 de xaneiro do 2003, momento en que o seu formato aínda non se definira dun xeito claro (portal de Internet, blog colectivo etc.), mais que tiña "a vontade de crear unha comunidade de persoas usuarias dun sistema de subscrición e publicación de historias de ámbito galego"[1][2]. Co tempo acabaría por se converter nunha ferramenta baseada en WordPress[3][4] que permitía crear e xestionar a propia bitácora, ademais de artellar unha boa parte do blogomillo.

Datos rápidos Data, Fundación ...
Blogaliza
Thumb
Data
Fundación21 de xaneiro de 2003
Remate25 de abril de 2018
PaísEspaña
Contacto
Páxina WEBblogaliza.org
[ Wikidata ]
Pechar

Blogaliza pechou o 25 de abril de 2018, quince anos despois da súa fundación[5]. Unha das razóns da desaparición de Blogaliza foi a caída na actividade no portal dentro dun cambio de escenario nas formas predominantes de comunicación en Internet. En 2005, segundo un estudo da Universidade de Santiago de Compostela, houbo un auxe dos formatos de bitácoras persoais ou blogs no ámbito galego[6] Se en 2010 Blogaliza agrupaba case 28 000 blogs escritos total ou parcialmente en lingua galega,[6] en 2018 só contaba con 80 blogs en activo.[5] Ademais, o administrador de Blogaliza apuntaba que os recentes cambios lexislativos e as novas esixencias para a publicación en Internet dificultaban a continuación do proxecto.[5]

Efectivamente unhas semanas despois do peche de Blogaliza, concretamente o 25 de maio de 2018, volvíase obrigatorio o cumprimento do Regulamento xeral de protección de datos (GDPR) (Control (UE) 2016/679), que modificaba substancialmente o tratamento de datos persoais no eido da Unión Europea.[7]

Blogaliza despediuse co seguinte comunicado:

Blogaliza foi un soño no tempo, unha illa na rede, un criadeiro de blogs destinado a permitir a comunicación e expresión persoal e libre. Blogaliza foi unha Zona Temporalmente Autónoma, pero agora toca voltar á oscuridade [sic], disolverse na néboa para que outras iniciativas poidan xurdir da reorganización das enerxías dispersas. De aquí nun mes, o día 25 de abril de 2018, Blogaliza pecha as súas portas.[5]

Os blogs pertencentes a Blogaliza non están dispoñibles actualmente no dominio blogaliza.org.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.