Boadicea Editora
editorial galega especializada en fantasía, ciencia ficción e terror From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Boadicea Editora é unha editorial galega especializada en literatura fantástica, de ciencia ficción e de terror.[1][2][3] Foi fundada no ano 2022 por Alba Rozas Arceo, José Manuel Dopazo e Marcos López.[1][2][3]
Remove ads
Historia
O proxecto xurdiu do podcast Baleiro Perfecto, centrado en temas de fantasía.[1][3] A súa intención é ampliar o sistema literario galego no relativo á literatura de xénero.[1][2][3] O nome da editorial procede da raíña celta Boadicea, e simboliza as dificultades que debe superar unha editora especializada en Galicia.[1]
Liña editorial
A liña editorial de Boadicea céntrase en obras de ciencia ficción, fantasía e terror en lingua galega, tanto nacionais como traducidas doutras linguas.[1][2][3] Neste sentido, oriéntanse tanto a un público adulto como infantil e xuvenil.[1][2][3]
Publicacións
Remove ads
Recoñecementos
- XX Premio Frei Martín Sarmiento (Categoría de Tradución) por Un feiticeiro de Terramar (2023).[4]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads