Bodleian Library

biblioteca de investigación da Universidade de Oxford From Wikipedia, the free encyclopedia

Bodleian Library
Remove ads

A Biblioteca Bodleiana (en inglés: Bodleian Library) é a principal biblioteca de investigación da Universidade de Oxford. Trátase dunha das bibliotecas máis antigas de Europa, fundada por Thomas Bodley en 1602. Cuns 13 millóns de documentos impresos,[1] é a segunda biblioteca máis grande da Inglaterra, unicamente superada en tamaño pola Biblioteca Británica. Segundo a Legal Deposit Libraries Act de 2003, é unha das seis bibliotecas que se encargan do depósito legal no Reino Unido, e de acordo coa lei irlandesa pode reclamar unha copia de cada libro publicado na República de Irlanda. Coñecida polos membros da comunidade universitaria oxoniense como a "Bodley" ou "the Bod", actúa principalmente como unha biblioteca de referencia polo que, en xeral, os seus documentos non poden retirarse das salas de lectura.

Datos rápidos Persoas e organizacións, Datas e cronoloxía ...

No ano 2000, varias das bibliotecas da Universidade de Oxford axuntáronse por razóns administrativas baixo o nome de Oxford University Library Services (OULS). Dende 2010, chámanse Bibliotecas Bodleianas, das que a Biblioteca Bodleiana é a máis grande.

Todas as facultades da Universidade teñen a súa propia biblioteca, moitas das cales se fundaron antes da Bodleiana e son independentes dela. Porén, todas comparten SOLO (Search Oxford Libraries Online), o catálogo colectivo das Bibliotecas Bodleianas. A única excepción é a do University College, que posúe o seu propio catálogo independente. Moitos dos arquivos da biblioteca dixitalizáronse en 2015, poñéndose a disposición do público a través da internet.[2]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads