Madeirudo
cogomelo comestíbel From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O madeirudo ou boleto bo[2] (Boletus edulis) é o nome dun cogomelo comestible, pertencente ao xénero das andoas ou boletos (Boletus). Pode atoparse moi frecuentemente en bosques de piñeiros. É un cogomelo que pode alcanzar dimensións notables; polo xeral o chapeu pode medir de 7 a 20 cm de diámetro e o pé adquirir a mesma altura. Adoita confundirse con Tylopilus felleus ou coa andoa escura (Boletus badius).
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Altamente apreciado, a andoa é comercializada fresca no outono, no centro e sur de Europa, pero tamén se comercializa seco por todo o mundo.
Remove ads
Etimoloxía
Do latín edulis, «comestible», aínda que derivado do grego.
O nome vulgar galego madeirudo pode que veña polo aspecto robusto do pé (coma madeira).
Determinación e características
A forma deste cogomelo é moi característica, quizais similar á dun tapón de cava. Unha das características máis rechamantes deste cogomelo á hora de determinala é a cor entre marrón e negro do seu chapeu; posúe unha coloración inicialmente branca, que adquire pouco a pouco un aspecto máis escuro, case entre o marrón-negro. O himenio está unido ó pé; é desde o chapeu de cor branca.
O madeirudo na cultura popular galega
- Por madeirudos no souto, non corras atrás doutro. Os Madeirudos (en xeral Boletus de carne branca, que non viran de cor) son moi doados de recoñecer e non hai risco de lamentábeis confusións. Pode darse o caso de encotrar un madeirudo fel (Tylopilus felleus) amargo como o fel polo sabor amargo da carne, que é insoportábel aínda cun pequeno anaco.
- Polo souto amodiño ollear, se madeirudos queres atopar
- Setembro mollado, cogordo no castaño
- Cogordo do carballiño, canto mais zoncho mais fino
- Fungo repoludo, ou cogordo ou madeido[3].
Usos Gastronómicos

Este cogomelo é unha das máis apreciadas polo seu sabor e textura. O nome latino do cogomelo indica esta característica: en latín edulis significa "comestible". Adoita empregarse tanto cociñada como en conservas (en vinagre ou aceite). A carne deste cogomelo é branca (tirando cara a marrón) e compacta, tanto no chapeu como no pé, aínda que os exemplares máis vellos adoitan mostrar unha carne máis branda. Non adoita despedir cheiros particulares e ten un sabor ben definido: doce como o das abelás.
Remove ads
Posibles confusións
Pódese confundir co Boletus reticulatus, pero este non ten a marxe esbrancuxada, a súa cor é uniforme, e a cutícula mate, seca e finamente reticulada. Tamén é un excelente comestible.
Galería de imaxes
Notas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
