Boletus

xénero de fungos From Wikipedia, the free encyclopedia

Boletus
Remove ads

Os boletos[1] ou andoas[2] son cogomelos do xénero Boletus , que inclúe máis de 100 especies. Este xénero foi definido e descrito orixinalmente por Elias Magnus Fries en 1821, agrupando a todos os fungos que presentan himenio con poros. Posteriormente foron definíndose outros xéneros cuxas especies incluían esta característica, como Tylopilus, descrito por Petter Adolf Karsten en 1881. Así mesmo, readoptáronse ou redefiníronse xéneros xa en desuso, coma Leccinum. Moitas veces o termo boleto emprégase para dar nome a todos os cogomelos comestíbeis da división Basidiomycota[3] e Ascomycota. Mentres os cogomelos velenosos son coñecidos coma pans de becha ou cacaforras.

Máis información Boletos (xénero Boletus), Clasificación científica ...

Algunhas das especies que outrora se clasificaban neste taxon foron posteriormente situadas noutros xéneros, como ocorre coas especies Leccinum scabrum, Tylopilus felleus, Chalciporus piperatus ou Suillus luteus (Andoa anelada).

Remove ads

Etimoloxía

O nome do xénero deriva do latín bōlētus, "cogomelo", e do grego antigo βωλιτης,[4] que provén á súa vez de bōlos/βωλος, "vulto" "morea" ou "fato".[5] Galeno de Pérgamo (130-200) mencionaba nos seus escritos aos βωλιτης, aínda que se pensa que facía referencia á apreciada raíña (Amanita caesarea), que non está ligada co xénero Boletus.[6]

O nome galego andoa é de orixe escura, mais pode vir do éuscaro onddo (boleto).

Remove ads

Comestibilidade

Thumb
Boletus edulis

Moitas especies do xénero Boletus son comestíbeis e apreciados en gastronomía, sendo a máis coñecida Boletus edulis. Tamén son apañados para o consumo os cogomelos de andoa escura (B. badius), B. aereus e outras especies. Outras, coma B. calopus, teñen sabor amargo ou desagradábel e non se consideran fungos comestíbeis.

Algunhas guías de fungos recomendan evitar todos os Boletus que presentan poros avermellados, porén, B. erythropus e B. luridus son comestíbeis logo de seren convenientemente cociñados.

A inxesta de cogomelos velenosos a miúdo produce síntomas gastrointestinais. No xénero Boletus illouse unha glicoproteína citotóxica chamada bolesatina. En 2007, atopouse un compoñente semellante —chamado, en inglés, bolevenine—, na especie velenosa Boletus venenatus, da China.[7] Téñense documentado mortes por inxesta de Boletus pulcherrimus. En 1994, unha parella desenvolveu síntomas gastrointestinais despois de comer cogomelos desta especie, faleciendo o home. A autopsia revelou infarto intestinal.[8] O boleto de Satanás (Boletus satanas) tamén ten má fama coma fungo velenoso, aínda que non se coñecen casos de morte por mor do seu consumo. Illouse tamén muscarina nalgunhas especies, aínda que a súa cantidade é farmacoloxicamente insignificante e só causa síntomas menores.

Remove ads

Especies

Algunhas especies en Galiza

Listaxe máis completa e comestibilidade

A listaxe a seguir recolle algunhas das especies de andoas (Boletus), cunha guía tentativa de toxicidade e apetibilidade.

  • Moi recomendado
  • Recomendado
  • Desagradábel, incomíbel
  • Descoñecido, abterse
  • Psicoactivo, perigoso
  • Tóxico


  • Boletus abieticola
  • Boletus aereus - Andoa moura, andoa común
  • Boletus affinus
  • Boletus albidus (véxase B. radicans)
  • Boletus amygdalinus
  • Boletus appendiculatus
  • Boletus auriflammeus
  • Boletus auriporus
  • Boletus badius - andoa escura
  • Boletus barrowsii
  • Boletus betula
  • Boletus bicolor - Andoa de dúas cores (América do Norte)
  • Boletus caespitosus
  • Boletus calopus
  • Boletus campestris
  • Boletus chromapes - hoxe en día coñecido coma Tylopilus chromapes
  • Boletus chrysenteron
  • Boletus citrinoporus
  • Boletus coccyginus
  • Boletus coniferarum
  • Boletus curtisii
  • Boletus dryophilus
  • Boletus edulis - Madeirudo, boleto bo
  • Boletus erythropus resulta comestíbel despois de cociñalo, mais se semella moito a outras especies velenosas, polo que a súa colla non é recomendábel para persoas con pouca experiencia no tema
  • Boletus fagicola
  • Boletus fechtneri - Boleto pálido
  • Boletus fragrans
  • Boletus griseus
  • Boletus impolitus
  • Boletus legaliae
  • Boletus luridus
  • Boletus manicus
  • Boletus parasiticus
  • Boletus pinophilus (ou Boletus pinicola) - andoa dos piñeiros
  • Boletus pulcherrimus (prev B. eastwoodiae)
  • Boletus purpureus
  • Boletus queletii
  • Boletus radicans
  • Boletus regius
  • Boletus reticulatus (prev B. aestivalis) -
  • Boletus rhodopurpureus
  • Boletus rhodoxanthus
  • Boletus satanas - Boleto de Satanás
  • Boletus satanoides (véxase B. legaliae)
  • Boletus sensibilis
  • Boletus splendidus (véxase B. legaliae)
  • Boletus subtomentosus
  • Boletus subvelutipes
  • Boletus venenatus (Xapón)
  • Boletus zelleri
Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads