Braganza

From Wikipedia, the free encyclopedia

Braganza
Remove ads

Braganza[1] (Bragança en portugués, Bergancia en mirandés) é unha cidade portuguesa, capital do distrito de Braganza, Rexión Norte e subrexión do Alto Tras-os-Montes, con 35.341 habitantes (2011).

Datos rápidos Localización, Capital de ...

É sede dun dos municipios portugueses con maior superficie, con 1.173,93 km² de área, subdividido en 49 freguesías. O municipio limita no norte e leste con España (provincias de Ourense e Zamora), polo sueste co concello de Vimioso, no suroeste co de Macedo de Cavaleiros e no oeste co concello de Vinhais.

Remove ads

Historia

En orixe Braganza foi unha localidade prerromana denominada Bracara. Coa romanización quedou incluída no convento de Bracara Augusta. Foi soar da importante Casa de Braganza, que formou a dinastía real de Portugal entre 1640 e 1910 e a imperial do Brasil de 1822 a 1889. Braganza conserva aínda o seu castelo medieval (erguido en 1187).

Como sé episcopal -aínda que tardía como tal-, Braganza converteuse na capital histórica da vella provincia dos Tras-os-Montes.

Remove ads

Patrimonio

Freguesías

As parroquias do concello de Bragança son:

  • Alfaião
  • Aveleda
  • Babe
  • Baçal
  • Calvelhe
  • Carragosa
  • Carrazedo
  • Castrelos
  • Castro de Avelãs
  • Coelhoso
  • Deilão
  • Donai
  • Espinhosela
  • Faílde
  • França
  • Gimonde
  • Gondesende
  • Guadramil
  • Gostei
  • Grijó de Parada
  • Izeda
  • Macedo do Mato
  • Meixedo
  • Milhão
  • Mós
  • Nogueira
  • Outeiro
  • Parada
  • Paradinha Nova
  • Parâmio
  • Pinela
  • Pombares
  • Quintanilha
  • Quintela de Lampaças
  • Rabal
  • Rebordainhos
  • Rebordãos
  • Rio de Onor
  • Rio Frio
  • Salsas
  • Samil
  • Santa Comba de Rossas
  • Santa Maria, Braganza
  • São Julião de Palácios
  • São Pedro de Sarracenos
  • Sé, Braganza
  • Sendas
  • Serapicos
  • Sortes
  • Zoio

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads