Brahmana
membro da primeira casta social do hinduísmo From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Brahmana[1][2] é unha das catro varnas ou clases sociais tradicionais do hinduísmo. Durante o período védico, ocupaba o nivel máis alto deste sistema. Os brahmanas eran tradicionalmente considerados a casta sacerdotal e intelectual, coa función principal de conservar, ensinar e realizar os rituais baseados nos Vedas. Segundo algúns textos védicos, como o Rigveda (Purusha Sukta), os brahmanas terían xurdido da boca do ser cósmico, simbolizando o seu papel como transmisores da palabra sagrada.[3] A súa actividade era maiormente relixiosa e educativa: actuaban como eruditos, intérpretes dos textos sagrados, docentes ou guías espirituais (guru),[4] ou como sacerdotes (purohit, pandit ou pujari). Algunhas tradicións tamén atribúen aos brahmanas funcións como guerreiros ou médicos, especialmente en contextos históricos concretos.


Na antiga India, os que completaban a lectura do Upanishad Brahmanak eran chamados brahmanas ou brahmáns. Tamén son coñecidos como Dwij, [5] pola súa misión de guiar aos demais cara á iluminación.[6]
Remove ads
Sistema de castas
O sistema de castas, ou castes[7], clasificaba as persoas segundo os seus postos de traballo. Os brahmanas ocupaban o nivel superior e adoitaban ser sacerdotes, mestres ou eruditos. Parashurama é unha figura lendaria considerada un brahmana que se converteu en guerreiro, e simboliza a orixe de certos subgrupos brahmánicos como os Bhumihar ou os Tyagi, tamén coñecidos como brahmana-kshatriya.
Os brahmanas do período védico
Durante o período védico, os brahmanas eran considerados os principais depositarios do saber filosófico e relixioso. Realizaban os sacrificios védicos (yajna), recitaban os himnos e transmitían oralmente os Vedas. O seu prestixio baseábase no dominio das escrituras e das artes asociadas á relixión, como a métrica, a recitación e a música ritual. Con todo, a devoción hindú non sempre dependía deles, xa que existían formas populares de culto alleas ao sistema védico.
Mudanzas sociais
Co paso do tempo, moitos brahmanas asumiron ocupacións non relixiosas. Historicamente foron eruditos, médicos, administradores ou mesmo militares. Aínda que o ideal védico reservaba a esta casta un papel espiritual, na práctica exerceron unha ampla variedade de funcións sociais.[8]
Remove ads
Alimentación e costumes
Tradicionalmente, os brahmanas practican o vexetarianismo como parte do seu compromiso coa non violencia (ahimsa), aínda que existen excepcións rexionais, especialmente no leste da India e en comunidades brahmánicas do Himalaia.
Subgrupos
Existen numerosos subgrupos de brahmanas, divididos por rexión ou tradición relixiosa. Entre os máis coñecidos están:
- Iyer e Iyengar no Tamil Nadu, adoradores de Shiva e Vishnu, respectivamente.
- Saraswat, Kanyakubja, Bhumihar, Gaur, Maithil, no norte da India.
- Deshastha, Chitpavan no Maharastra e Nambudiri en Kerala.
Algunhas destas comunidades, como os Mohyal, os Tyagi ou os Bhumihar, reclaman unha orixe brahmánica, pero adoitan desenvolver funcións guerreiras ou administrativas. En Kerala, a comunidade Ezhavathy está relacionada cos Mohyal.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads