Buchenwald
campo de concentración nazi preto de Weimar (Alemaña) From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Buchenwald foi un campo de concentración nazi crado en xullo de 1937 no outeiro de Ettersberg, preto de Weimar, en Alemaña.
Remove ads
Historia

Orixinarimente destinado a encerrar a opositores do réxime nazi, a maioría comunistas ou socialdemócratas, recibiu posteriormente uns 10 000 xudeus arrestados na noite dos cristais rotos en 1938, así como xitanos, homosexuais e presos por deilitos comúns.
Durante a segunda guerra mundial foron enviados alí tamén prisioneiros de guerra. Os presos políticos organizaron alí unha resistencia.[1]
En total estímase que estiveron presas unhas 250 000 persoas procedentes de todos os países de Europa. O número de vítimas, provocadas polas enfermidades, a mala sanidade, os traballos forzados, as torturas, os experimentos médicos e os fusilamentos, estímase nunhas 56 000, entre elas 11 000 xudeus.[2]
Porén, como campo de concentración, en Buchenwald non había cámaras de gas, as cales eran propias dos campos de exterminio.[3][4]
O campo foi liberado o 11 de abril de 1945 por membros do exército estadouniodense ao mando do xeneral Patton.[5]
Entre 1945 e 1950, o campamento foi utilizado polas autoridades de ocupación soviéticas como un campo de internamento para antigos colaboracionistas nazis, coñecido como NKVD Campamento Especial nº 2.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads