Buzz Aldrin

astronauta estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia

Buzz Aldrin
Remove ads

Edwin Eugene Aldrin, Jr., coñecido como Buzz Aldrin, nado en Montclair, Nova Jersey o 20 de xaneiro de 1930, foi un astronauta norteamericano.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Remove ads

Traxectoria

Estudou en West Point, e no ano 1951 ingresou na Forza Aérea. Durante a Guerra de Corea participou en 66 misións de combate pilotando F-86 Sabres. Posteriormente estivo estacionado na base norteamericana de Bitburg, Alemaña. Doutoramento en ciencias austronáuticas no Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (MIT) no ano 1963, ingresou na NASA nese mesmo ano.

Formou parte da tripulación do Gemini XII (novembro 1966) no que saíu tres veces ao espazo exterior. No voo do Apolo XI (16 ao 24 de xullo de 1969) tripulou con Neil Armstrong o módulo de exploración lunar que se pousou na superficie da Lúa e foi o segundo home que puxo pé nela.

En marzo de 1972 retirouse do servizo activo, Return to Earth é a súa autobiografía, onde fala da caída na depresión e no alcoholismo despois de deixar a NASA. En 1992 produciu o xogo de estratexia para ordenador, Race into Space. Co escritor de ciencia ficción John Barnes escribiu as novelas Encounter With Tiber (1996) e The Return (2000). No ano 2002, George W. Bush nomeou a Aldrin para a Presidential Commission on the Future of the United States Aerospace Industry.

Thumb
Aldrin na superficie da Lúa
Remove ads

Véxase tamén

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads