Club Baloncesto Marín Peixegalego

Equipo galego de baloncesto From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O Club Baloncesto Marín Peixegalego, tamén coñecido por motivos de patrocinio como Mundioma Marín Ence, é un equipo de baloncesto galego con sede na cidade de Marín (Pontevedra), que compite na Primeira División Nacional, a quinta división do baloncesto español. Disputa os seus partidos no Pavillón da Raña.

Datos rápidos Información xeral, Liga ...
Remove ads

Historia

Na tempada 2012–13 Javier Llorente foi nomeado adestrador do primeiro equipo, cargo que ocupou durante doce anos consecutivos. Llorente chegara catro anos antes ao club como xogador e no seu debut como adestrador o equipo, que daquela militaba na Liga EBA, conseguiu o ascenso á LEB Prata.[1][2]

Na tempada 2015–16 proclamouse campión da Copa LEB Prata[3] e da LEB Prata, conseguindo así o ascenso á LEB Ouro, onde só permaneceu unha tempada, descendendo de novo ao remate da mesma.[4] Tras unha tempada na Liga EBA por descenso administrativo, o club competiu na LEB Ouro por segunda vez na tempada 2019-20, tras acadar dúas promocións consecutivas. Con todo, a tempada foi suspendida antes de rematar por mor da pandemia por coronavirus, cando o equipo ocupaba a última posición da táboa, e aínda que non se estableceron descensos, o club non foi capaz de reunir a tempo o diñeiro para o aval e a inscrición, necesarios para continuar na categoría, polo que descendeu ata a Primeira Nacional.[5][6] Ese mesmo verán a Federación Española de Baloncesto non concedeu praza na Liga Feminina 2 ao equipo feminino do Peixefresco, que realizou a inscrición malia a non clumprir todos os requisitos que a Federación Española esixía e non posuír dereitos deportivos, deste xeito o Marín quedaba como segundo suplente á espera de que renunciara algún dos 16 clubs inscritos, e finalmente quedaría sen praza ao terse producido tan só unha vacante.[7][8]

Na tempada 2020–21 o equipo dirixido por Iván Villaverde conseguiu o ascenso á Liga EBA ao finalizar campión de Primeira Nacional logo de derrotar na final a catro celebrada en Noia ao Sigaltec Vilagarcia e Bosco Salesianos, nunha tempada na que o conxunto galego contou coa participación de Germán Rodrigues Bamio e Pablo González Covelo, membros do equipo que na tempada 2017-18 bateu rexistros históricos na Liga EBA.[9]

Remove ads

Tempadas

Máis información Tempada, Nivel ...

Copa Galicia

Copa LEB Prata

Remove ads

Traxectoria en fases de promoción

Máis información Tempada, Competición ...

Adestradores

Os seguintes son todos os adestradores principais que pasaron pola disciplina do primeiro equipo do club.

Cadro actual

Máis información CB Marín Ence Peixegalego 2019-20 (LEB Ouro), Xogadores ...
Remove ads

Líderes estatísticos

Máis información nº, Dorsal ...
Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads