CD2

From Wikipedia, the free encyclopedia

CD2
Remove ads

O CD2 (cluster de diferenciación 2) é unha molécula de adhesión celular proteica atopada na superficie das células T e células asasinas naturais (NK). Tamén recibiu o nome de antíxeno de superficie de células T T11/Leu-5, LFA-2, receptor LFA-3, receptor de eritrocitos e receptor roseta.[1]

Thumb
Estrutura da proteína CD2 (de PDB 1hnf).

Está codificado nun xene do cromosoma 1 humano.

Función

Interacciona con outras moléculas de adhesión celular, como o antíxeno-3 asociado a función de linfocitos (LFA-3/CD58) en humanos, ou CD48 en roedores, que se expresan nas superficies doutras células.[2]

Ademais das súas propiedades adhesivas, o CD2 tamén actúa como unha molécula coestimuladora nas células T e NK.[3]

Importancia diagnóstica

O CD2 é un marcador específico para as células T e NK, e, xa que logo, pode utilizarse en inmunohistoquímica para identificar a presenza de tales células nos cortes histolóxicos. A gran maioría dos linfomas de células T e das leucemias tamén expresan o CD2, facendo posible usar a presenza do antíxeno para distinguir estas doenzas dos neoplasmas de células B.[4]

Remove ads

Clasificación

Debido ás súas características estruturais, o CD2 é un membro da superfamilia das inmunoglobulinas. Posúe dous dominios de tipo inmunoglobulina na súa porción extracelular.[3]

Interaccións

O CD2 interacciona co CD2BP2,[5] Lck[6] e PSTPIP1.[7]

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads