CD34

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

O CD34 (cluster de diferenciación 34) é unha glicoproteína situada na superficie de certas células, que funciona como un factor de adhesión celular. Pode tamén mediar a adhesión de células nai á matriz extracelular da medula ósea ou directamente ás células do estroma. Está codificada no xene CD34 do cromosoma 1 humano.[1][2][3]

Función

A proteína CD34 é un membro da familia das proteínas sialomucinas que atravesan unha soa vez a membrana, que se expresan nos tecidos hematopoéticos inicias e tecidos vasculares asociados.[4] Porén, sábese pouco sobre a súa función exacta.[5]

O CD34 é unha importante molécula de adhesión, que se require para que as células T entren nos ganglios linfáticos. Exprésase nos endotelios dos ganglios linfáticos, e a proteína coa que se une, a L-selectina, encóntrase na célula T.[6][7] Polo contrario, noutras circunstancias o CD34 actúa como unha especie de "Teflon" molecular que bloquea a adhesión de mastocitos, ou facilita a apertura do lume vascular.[8][9] Sexa cal for o seu modo de acción, o CD34 e os seus similares podocalixina e endoglicano sempre facilitan a migración celular.[10][11]

Remove ads

Distribución nos tecidos

As células que expresan o CD34 (chamadas CD34+) encóntranse normalmente no cordón umbilical e medula ósea e son células hematopoéticas, certas células nai mesenquimáticas, células proxenitoras endoteliais, células endoteliais dos vasos sanguíneos pero non dos vasos linfáticos (excepto dos vasos pleurais linfáticos), mastocitos, certo grupo de células dendríticas (as cales son negativas para o factor XIIIa) situadas nos intersticios e arredor das estruturas anexas da derme da pel, e tamén células en tumores de tecidos brandos como dermatofibrosarcoma protuberans (DFSP), tumor estromático gastrointestinal (GIST), tumor fibroso solitario (SFT), hemanxiopericitoma (HPC), e en certo grao no tumor de vaíña de nervios periféricos maligno (MPNST) etc.

Remove ads

Aplicacións clínicas

A células CD34+ poden illarse de mostras de sangue usando métodos inmunomagnéticos ou inmunofluorescentes.

Úsanse anticorpos para cuantificar e purificar células nai proxenitoras hematopoéticas para a investigación ou para o transplante de medula ósea. Porén, a contaxe de células CD34+ mononucleares pode sobreestimar os mieloblastos en frotis de medula ósea debido á presenza de precursores dos linfocitos B e de megacariocitos CD34+.

As células detectadas como CD34+ e CD38- son dun tipo primitivo indiferenciadas, é dicir, son células nai multipotenciais hematopoéticas. Deste xeito, poden seleccionarse estas células indiferenciadas, debido á súa expresión de CD34+.

En tumores, o CD34 átópase en sarcomas de partes brandas alveolares, preB-ALL (positivos o 75%), leucemia mielóxena aguda (40%), leucemia mielóxena aguda-M7 (a maioría), dermatofibrosarcoma protuberans, tumores estromáticos gastrointestinais, fibroblastoma de célula xigante, sarcoma granulocítico, sarcoma de Kaposi, liposarcoma, histiocitoma fibroso maligno, tumores de vaíña de nervios periféricos malignos, hemanxiopericitomas menínxeos, meninxiomas, neurofibromas, schwannomas, e carcinoma tiroide papilar.

Un CD34 negativo exclúe o sarcoma de Ewing/PNET, miofibrosarcoma de mama, e tumor miofibroblástico inflamatorio de estómago.

Aplicouse clinicamente a inxección de células nai hematopoéticas CD34+ para tratar varias doenzas, como as lesións de medula espiñal,[12] cirrose hepática[13] e a enfermidade vascular periférica.[14] Certas investigacións atoparon que as células CD34+ son relativamente máis numerosas nos homes ca nas mulleres en idade reprodutiva entre vítimas de lesións de medula espiñal.[15]

Interaccións

O CD34 interacciona con CRKL.[16] Tamén interacciona coa L-selectina, o que é importante nas inflamacións.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads