CD59

From Wikipedia, the free encyclopedia

CD59
Remove ads

O CD59 ou glicoproteína CD59, tamén coñecida como proteína inhibidora do MAC (MAC-IP), inhibidor de membrana de lise reactiva (MIRL) ou protectina, é unha proteína da superficie celular que nos humanos está codificada no xene CD59 do cromosoma 11.[1] Ten un dominio LU e pertence á familia de proteínas LY6/uPAR/alfa-neurotoxina.[2]

Datos rápidos Estruturas dispoñibles, PDB ...

CD59 únese ás células hóspede por unha áncora de glicofosfatidilinositol (GPI). Os microdominios que conteñen colesterol axudan á actividade de CD59 ao estimularen un "punto de evaxinación" na membrana lipídica durante a ensamblaxe do complexo de ataque á membrana (MAC) para impedir a formación de poros e inhibir a lise.[3] Cando a activación do sistema do complemento orixina o depósito de C5b678 nas células hóspede, o CD59 pode impedir que C9 se polimerice e forme o complexo de ataque á membrana do complemento.[4] Pode tamén enviar sinais á célula para realizar medidas activas como a endocitose do complexo CD59-C9.[2] A endocitose deste complexo leva á destrución da formación da canle iónica que este complexo proporciona ao MAC. Estas canles iónicas utilízanse para a transferencia de diferentes ións para manter a correcta concentración de minerais a un lado e outro da membrana, e sen este debido mantemento, poden producirse síntomas graves e doenzas como a dexeneración neuronal e a enfermidade de Alzheimer.[5]

As mutacións que afectan GPI que reducen a expresión de CD59 e do factor acelerador da descomposición en glóbulos vermellos orixinan hemoglobinuria nocturna paroxística.[6] Unha mutación no GPI e a consecuente redución da expresión de CD59 orixínase por unha mutación con cambio de sentido de cisteína por tirosina, que impide a formación dunha ponte disulfuro, o que acaba por distorsionar a estrutura terciaria da proteína e impedir unha unión axeitada do complexo GPI-CD59.[7]

Os virus como o VIH, o citomegalovirus humano e o da vaccinia incorporan o CD59 da célula hóspede na súa propia envoltura viral para impediren a súa destrución polo complemento.[8] Ademais, o investigouse o CD59 como diana para a inmunoterapia cando se tratan certos cancros, como o cancro de mama. Atopouse que unha vez que se neutralizou o CD59, prodúcese unha regulación á alza de Fas e da caspase-3, creando un aumento da apoptose e a supresión do crecemento tumoral en células MCF-7 (unha liña celular de cancro de mama).[9]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads