Factor estimulante de colonias
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os factores estimulantes de colonias (CSFs, do inglés Colony-stimulating factor) son varios tipos de glicoproteínas citocinas reguladoras, que se unen a receptores situados na superficie de células nai hematopoéticas, o que activa nestas unhas vías de sinalización intracelular que poden causar que proliferen e se diferencien nun tipo específico de célula sanguínea, xeralmente glóbulos brancos. Os seus estímulos non son só proliferativos senón que tamén regulan funcionalmente a actividade das células.[1] Segréganos moitos tipos celulares, maiormente, células inmunitarias.
Aínda que os CSFs son funcionalmente similares, as súas secuencias non o son, e non se cre que deriven evolutivamente dunha molécula antepasada común.[1]
Poden ser sintetizados e administrados exoxenamente, xa que existen varios fármacos de análogos deles.
Remove ads
Nome e descubrimento
O nome "factores estimulantes de colonias" (ou "das colonias") procede do método que se utilizou para o seu descubrimento. O que se facía era cultivar células nai hematopoéticas nunha matriz semisólida, que impedía que as células se movesen, para que, se unha soa célula empezase a proliferar, todas as células derivadas dela permanecesen agrupadas arredor do punto da matriz onde se encontraba a célula inicial. Estes grupos de células son as denominadas "colonias." Aos cultivos de células nai hematopoéticas engadíaselles diversas substancias e despois examinábase cal delas estimulaba a produción de colonias e cal non e que tipo de colonias se orixinaban. Así, por exemplo, a substancia que estimulaba a formación de colonias de macrófagos era denominada factor estimulante de colonias de macrófagos, e de xeito similar noutros casos.
Remove ads
Mecanismo
Os factores estimulantes de colonias son solubles, a diferenza doutras substancias unidas a membranas presentes no microambiente hematopoético. Transducen sinais por sinalización parácrina, endócrina, ou autócrina.
Exemplos
Entre os factores estimulantes de colonias están:
- Xene CSF1 - Factor estimulante de colonias de macrófagos (M-CSF), tamén chamado factor estimulante de colonias 1 (CSF1).[2]
- Xene CSF2 - Factor estimulante de colonias de granulocitos-macrófagos (GM-CSF), tamén chamado factor estimulante de colonias 2 (CSF2).[3] Obtivéronse fármacos análogos del como sargramostim e molgramostim.
- Xene CSF3 - Factor estimulante de colonias de granulocitos (G-CSF), tamén chamado factor estimulante de colonias 3 (CSF3). Obtivéronse fármacos análogos del como filgrastim e lenogastrim.[4]
- Sintético - Promegapoetina
Usos clínicos
- Estimulación da medula ósea
- Mobilización de células nai
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads