Cabrils

concello da provincia de Barcelona From Wikipedia, the free encyclopedia

Cabrilsmap
Remove ads

Cabrils é un municipio de Cataluña, España, pertencente á provincia de Barcelona, na comarca do Maresme. A localidade está situada na zona interior, entre os municipios de Vilassar de Mar, Vilassar de Dalt, Òrrius, Argentona e Cabrera de Mar, e a uns 10 km de Mataró, capital da comarca.

Datos rápidos Localización, Capital ...
Remove ads

Historia

Thumb
Vista do municipio

O lugar de Cabrils aparece documentado desde 1037, como parte da xurisdición do veciño castelo de Vilassar de Dalt ata o 1820, cando conseguiu ser municipio independente con administración propia.

Eclesiasticamente dependía de Sant Genís de Vilassar ata 1779, cando outorgan a categoría de parroquia á igrexa da Santa Creu.

A poboación foi estacionaria desde o século XIX e ata os anos sesenta, cando a función de veraneo e o aumento da construción de segundas residencias, fixeron crecer notablemente a súa poboación.

Remove ads

Demografía

Conta cunha poboación de 7799 habitantes (INE 2023).

Gráfica de evolución demográfica de Cabrils[1] entre 1842 e 2021

Economía

A economía tradicional de Cabrils baseábase na agricultura (laranxeiras e hortalizas). Actualmente xa non hai laranxas e os cultivos foron desaparecendo, en beneficio da floricultura (caraveles e rosas especialmente). Respecto da industria, a construción é o sector económico máis importante. Desde os anos 80 o crecemento de Cabrils foi notable ata converterse nunha importante poboación residencial. A edificación de urbanizacións residenciais cambiou a paisaxe do municipio aumentando a función comercial e dos servizos, sendo o segundo municipio coa renda per cápita máis alta de Cataluña con 28.300 euros.

Lugares de interese

  • Ermida de Sant Cristòfol
  • Torre de Can Vehils
  • Ca l'Amat
  • Can Carbonell
  • Can Vives
  • Mas de Baix
  • Castelo de Can Jaumar

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads