Caio Antistio Veto
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Caio Antistio Veto (en latín, Gaius Antistius Vetus), nado circa 40 a. C., finado no ano 1 foi un senador e xeneral do Imperio Romano. Tamén foi nomeado cónsul no ano -6 xunto con Décimo Lelio Balbo.[1]
Remove ads
Traxectoria
Fillo do cónsul Caio Antistio Veto, cónsul en -30.[2] Empezou a súa carreira política como maxistrado monetario. Participou en Hispania nas Guerras cántabras entre 26 a. C.-24 a. C., onde se fixo cargo do mando en ausencia por enfermidade do emperador Augusto, quen acudira en persoa ao conflito.
Xunto con Caio Firmio, loitaou nunha difícil campaña para someter as tribos galaicas nas partes boscosas e nas montañosas máis remotas da Gallaecia que bordean o Océano Atlántico, derrotándoas só despois dunha serie de duras batallas,[3] aínda que se descoñecen os detalles desta campaña en particular.
Realizou campañas vitoriosas en Amaya, Bergida, Monte Vindio e Aracillum e foi gobernador da Hispania Citerior.
No 6 a. C. foi nomeado cónsul ordinario, e máis tarde procónsul da provincia de Asia. Os seus dous fillos, Caio e Lucio, tamén foron cónsules.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads