Calícrates
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Calícrates (grego antigo Καλλικράτης, Kallikrates) foi un arquitecto da Antiga Grecia activo a mediados do século V a. C.
Remove ads
Traxectoria

No ano 480 a. C. tras a devastación de Atenas por parte dos persas, Pericles encargou a Calícrates e Ictinos, baixo a dirección de Fidias, o proxecto dos edificios da Acrópole construídos entre 447 e 442 a. C. (Plutarco, Pericles, 13).[1][2]
Para este templo seguiron un modelo de fachada octástila, dentro do orde dórica. A curvatura do entaboamento e a estilóbata, a éntase das columnas e a desigualdade nos intercolumnios crean un equilibrio e unha harmonía visuais que conseguen disimular as dimensións reais do edificio. O templo en cuestión é anfipróstilo, aínda visible alí,[3] ou o seu predecesor, a pequena escala (naiskos), cuxos muros foron atopados nos cimentos do templo posterior.[4]
Unha inscrición identifícao como o arquitecto do Templo de Atenea Nike na Acrópole de Atenas.[5]
Outra inscrición identifica a Calícrates como un dos arquitectos do recinto amurallado clásico da Acrópole,[6] e Plutarco di que foi contratado para construír a metade dos Muros Longos, que unían Atenas e O Pireo.
Na súa honra, foi nomeado o cráter Calícrates na superficie do planeta Mercurio.[7]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads