Calabor, Pedralba de la Pradería
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Calabor é unha das cinco aldeas que forman o concello de Pedralba de la Pradería, na comarca zamorana de Seabra. Con 66 habitantes, é a única delas que pertence ao dominio lingüístico galego. O xentilicio é «calaborés».[1] Estaba unido ó territorio galegofalante das Portelas mediante o sur do concello de Requeixo, que tamén era na zona sur de fala galega antes de ficar esa zona despoboada.[1]
Remove ads
Economía
A aldea de Calabor ten como fonte económica a agricultura, a gandaría, a explotación das súas augas minerais (balneario e embotelladora) e un parque eólico. Hai máis de catro décadas, Calabor era unha localidade que baseaba a súa economía nas minas de estaño que ten no seu territorio, así como no antigo balneario e embotelladora de augas de Calabor. Actualmente estase realizando un novo proxecto que fomenta a riqueza desta poboación sanabresa, o cal consiste nun novo balneario para todos aqueles turistas e viaxeiros que queiran gozar das súas augas mineiro-medicinais.
Coñecidas dende a época da dominación romana, as augas de Calabor foron explotadas dende tempo inmemorial. Ata mediados do século XX funcionou un balneario no lugar no cal chegou a aloxarse Uxía de Montijo, emperatriz dos franceses.
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads