Calaf
concello de Cataluña From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Calaf é un municipio español da provincia de Barcelona, en Cataluña, pertencente á comarca de Anoia. É así mesmo a capital da subcomarca coñecida como Alta Segarra ou Segarra calafina e está situado nos chairos de Calaf. Inclúe o núcleo de La Pineda.
Remove ads
Historia
A Batalla de Calaf foi unha das batallas da Guerra civil catalá que tivo lugar o 28 de febreiro de 1465 entre o exército de Pedro de Portugal, que comandaban Jofre de Rocabertí i de Montcada xuntamente con Bernat Gilabert II de Cruïlles contra os partidarios de Xoán o Grande comandados polo aragonés Fernando de Rebolledo e Joan Ramon Folc IV de Cardona, e que acabou con vitoria real.
Demografía
Conta cunha poboación de 3566 habitantes (INE 2023).
Gráfica de evolución demográfica de Calaf[1] entre 1842 e 2021 |
![]() |
Comunicacións
A el chégase a través da autovía A-2 que vai de Barcelona a Lleida, ou pola estrada C-25 de Xirona a Lleida, pola liña ferroviaria de Renfe Operadora desde Manresa a Lleida, e pola estrada C-1412 desde Igualada a Ponts. Por aire, pódese acceder desde o Aeródromo de Calaf-Salavinera.
Lugares de interese
- Ruínas do castelo de Calaf, que dominan ao pobo desde a cima montañosa.
- Igrexa de Sant Jaume, de estilo gótico.
- Ermida de Sant Sebastià
- Convento de Sant Francesc
- Antigo Hospital, actual Centre Cívic de Calaf
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads