Calcáneo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Calcáneo
Remove ads

O calcáneo é o óso inferior da fila proximal do tarso. Ten unha forma cuboide, con seis caras.

Remove ads

Cara superior

Delimita inferiormente o seo do tarso. Artéllase coa superficie inferior do astrágalo. Esta articulación presenta dúas zonas articulares: posteroexterna e anterointerna. É unha dobre artrodia morfoloxicamente pero unha trocoide funcionalmente, con movementos de rotación. Presenta as insercións do ligamento calcaneocuboide superior, o ligamento chave e o músculo plantar.

Cara inferior

Presenta unha serie de rugosidades para a inserción de elementos dos pé. Insírese o ligamento calcaneocuboide inferior.

Cara posterior

Presenta unha rugosidade para o tendón de Aquiles na parte inferior. A parte superior relaciónase co paquete adiposo de Kaguet.

Cara anterior

Artéllase co óso cuboide nun encaixe recíproco perfecto, na articulación calcaneocuboide.

Cara interna

Aparece unha tuberosidade para o ligamento tibiocalcáneo, que forma parte do plano superficial do ligamento lateral interno do nocello. Permite o paso dun paquete vasculonervioso composto por: arteria tibial posterior, nervio tibial posterior e dúas veas satélite.

Cara externa

É unha zona de paso para os músculos peroneos laterais longo e curto.

Véxase tamén

Outros artigos

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads