Calco (moeda)
moeda da Antiga Grecia From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O calco (do grego: χαλκός -chalkòs, "cobre")[1] foi unha moeda da Antiga Grecia cuñada en bronce, propia da Ática.[2][3][4][5]
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Calco.

Historia
Do mesmo xeito ca outras moedas de bronce, a súa circulación comezou a cobrar importancia cara ao remate da época helenística.
No sistema monetario da Antiga Grecia, o calco era a moeda divisionaria máis pequena coñecida. En función dos diferentes padróns monetarios, esta moeda podía equivaler a unha oitava o ben a unha duodécima parte do óbolo, que era unha moeda de prata.[6] Deste xeito, en Atenas e nos imperios seleúcida e tolemaico, o calco equivalía á oitava parte do óbolo; porén, no Peloponeso, en Beocia, en Tesalia, en Xonia e no mar Exeo o óbolo estaba dividido en 12 calcos.[7]
Remove ads
O calco no sistema monetario da Antiga Grecia
As equivalencias do calco coas outras moedas daquela época son as seguintes:[8]
Divisores e múltiplos
Divisores
Existiu un debate sobre a posible existencia de subdivisións do calco. Botando man da documentación antiga, unha listaxe de pagamentos descuberta en 1905 Preto de Mesene daba a entender que as divisións do calco foron utilizadas a finais do período helenístico, polo menos en Mesene[9]. No entanto, outras fontes comunmente utilizadas, como o Onomasticon de Xulio Pólux, non mencionaban subdivisión ningunha do calco.[10]
Hoxe coñécense dous divisores do calco:
Múltiplos
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads