Caldesmón

From Wikipedia, the free encyclopedia

Remove ads

A proteína caldesmón é unha proteína que se une á calmodulina que está codificada nons humanos no xene CALD1 do cromosoma 7.[1][2]

Caldesmón 1
Identificadores
Símbolo CALD1 ; CDM; H-CAD; HCAD; L-CAD; LCAD; NAG22
Entrez 800
OMIM

114213

RefSeq NP_004333
UniProt Q05682
Outros datos
Locus Cr. 7 134.43 – 134.66 Mb

Igual que a calponina ou a troponina, a proteína caldesmón inhibe tonicamente a actividade de ATPase da miosina. Actúa no músculo liso.

É unha proteína que se une á calmodulina e á actina que xoga un papel esencial na regulación da contracción do músculo liso e da motilidade e secreción de células non musculares, xa que se localiza en estruturas subcelulares relacionadas coa motilidade, cambios de forma e exocitose e endocitose.[3] O dominio conservado desta proteína posúe actividades de unión ao Ca++-calmodulina, actina, tropomiosina, miosina, e fosfolípidos. Esta proteína é un potente inhibidor da MgATPase da miosina activada pola actina-tropomiosina, e serve como factor mediador para a inhibición dependente do Ca++ da contracción do músculo liso. O splicing alternativo deste xene dá lugar a múltiples variantes de transcritos que codifican distintas isoformas.[2]

Remove ads

Inmunoquímica

En inmunoquímica de diagnóstico, a caldesmón é un marcador para a diferenciación do músculo liso.

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads