Caldo galego
caldo típico da cociña galega From Wikipedia, the free encyclopedia
O caldo galego é un caldo típico da gastronomía de Galicia.
Caldo galego | |
---|---|
![]() | |
Tipo | prato |
Subclase de | sopa |
Prato | primeiro prato e prato principal |
Gastronomía | gastronomía de Galicia e gastronomía de España |
Ingredientes | |
repolo, grelo, verza, pataca, unto, feixón, chourizo, lacón galego e touciño | |
Orixe | |
País de orixe | España |
Lugar de creación | Galicia |
Contacto | |
TasteAtlas | |
[ Wikidata ] |

Ingredientes e elaboración
Os seus principais ingredientes son os grelos, verzas ou repolo xunto con patacas, unto ou graxa de porco, para dar substancia, fabas e ocasionalmente algún ingrediente máis, como chourizo, lacón ou touciño entrefebrado cocido.
Sérvese moi quente, decote como primeiro prato.
O caldo na cultura popular galega
Ditos
- O que non quer caldo, sete cuncas!, Dise daquel que estaba amargado por un contratempo ou unha desgraza e lle ocorren varios.
- Tan honrado é o caldo com'as castañas - Tan malo é un coma outro[1].
Cantigas
- Ei vén teu pai,
ei vén túa nai
ei vén teu avó,
que nunca foi bo
caldiño pouco
e verciñas catro
sabell-o pan
comá lingua dun gato.
- Miña sogra morrèose onte
deixoume o caldo na ola,
vamonos comendo o caldo
quen se morreo, que se morra[2].
Refráns
- Bebe dispois do caldo, e manda o médico ao diaño.
- Bebe dispois do caldo, e rite do cirurxiano.
- Caldo de galiña é p'ró enfermo a millor meiciña.
- Caldo de tripas, moito repenicas.
- Caldo e sacramentos, p'ra quen os pida.
- Caldo sen graxa, pan sen tasa.
- Caldo sen pan dáselle ao can.
- Canto máis caldo, máis sopas.
- Custa máis o caldo que as talladas.
- De caldo requentado e vento de burato, gárdate coma do diaño.
- Do bo caldo, pouco; do malo, ningún.
- Fixo a vella un caldo de grelos e chupouse os dedos.
- O caldo, ben cocido e ben repousado.
- O caldo das paridas, non lle fai mal ás preñadas.
- O caldo de galiña, a ninguén prexudica.
- O caldo, engrolado, p'ros porcos é un bo bocado.
- O caldo, en quente; a inxuria, en frío.
- O caldo quenta o corpo.
- O que dispois do caldo non bebe, non sabe o que perde.
- O que no caldo bota viño, de vello faise mociño.
- Se bebes co caldo, non darás moita avinza ao cirurxiano.
- Se bebes despois do caldo, podes facerlle a figa ao cirurxiano.
- Se queres ter ao teu home gordiño dispois do caldo dálle un gotiño sempre que sexa de viño.
- Todo sexa craro, menos o caldo[3][4].
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.