Calvin Harris
DJ, cantante e produtor discográfico escocés From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Adam Richard Wiles, nado en Dumfries (Dumfries e Galloway) o 17 de xaneiro de 1984, é un DJ, cantante e produtor escocés máis coñecido polo seu nome artístico Calvin Harris.
Remove ads
Traxectoria
O seu primeiro álbum foi I Created Disco, lanzado no 2007 e con dous sinxelos no Top 10 do Reino Unido; "Acceptable in the 80s" e "The Girls". O seu segundo álbum, Ready for the Weekend (2009), acadou a posición número un no Reino Unido e contén o primeiro sinxelo, "I'm Not Alone", que foi incluído no Top 5 do país, "Ready for the Weekend", e os temas "Flashback" e "You Used to Hold Me".
En outubro de 2012, Harris lanzou o seu terceiro álbum de estudio, 18 Months, no que se inclúen os sinxelos "Awooga", "Bounce", "Feel So Close", "Let's Go", "We'll Be Coming Back" e "Sweet Nothing". Tamén ten composto e producido para outros artistas como Kylie Minogue, Sophie Ellis-Bextor, Dizzee Rascal, Example, Rihanna (no seu grande éxito "We Found Love"), Florence Welch e Cheryl Cole, entre outros. Actualmente ocupa o posto #31 na enquisa realizada en 2012 pola revista DJmag.[1] Segundo a revista Forbes, Harris foi o DJ mellor pagado de 2013, acadando os 46 millóns de dólares.[2]
Remove ads
Discografía
- I Created Disco (2007)
- Ready for the Weekend (2009)
- 18 Months (2012)
- Motion (2014)
- Funk Wav Bounces Vol. 1 (2017)
- Funk Wav Bounces Vol. 2 (2022)
Xiras
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads