Campionato Paulista
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Campionato Paulista, ou Paulistão, é unha competición de fútbol organizada pola Federação Paulista de Futebol, que enfronta cada ano ós principais equipos do Estado de São Paulo, no Brasil. O torneo lévase a cabo nos primeiros meses do ano (entre xaneiro e maio), ó mesmo tempo que se disputa a Copa Libertadores e o resto dos campionatos estatais no país, antes do comezo do Brasileirão.
Remove ads
Formato
Trátase dunha liga con 20 participantes na máxima categoría, chamada Serie A. Os 20 equipos enfróntanse todos entre si só nunha volta, e dicir, a tempada regular componse de 19 xornadas. Tralo remate desta tempada regular, os 8 primeiros equipos da táboa disputan unha rolda eliminatoria final con vantaxe de campo para os mellores clasificados da táboa. A rolda final parte duns cuartos de final a encontro único, seguidos dunhas semifinais a encontro único, para rematar cunha final a dobre encontro. Os 2 finalistas acadan o dereito a competir na Copa do Brasil do ano seguinte, non sendo que algún deles tamén teña praza para competir na Copa Libertadores, caso no cal a súa praza será para un dos equipos semifinalistas. No caso dos 4 últimos equipos da táboa, perden a categoría baixando dende a Serie A á Serie B.
Remove ads
Palmarés
A primeira edición disputouse no ano 1902, de xeito que é a competición oficial de fútbol mais antiga do país. O Campionato Paulista é un torneo tradicionalmente dominado por 4 equipos, o Corinthians, o Palmeiras, o São Paulo e o Santos (con 30, 24, 23 e 22 títulos respectivamente):
- † — Club desaparecido ou sección de fútbol desaparecida.
Remove ads
Galería
- Estadio do SE Palmeiras.
- Estado de São Paulo.
- Estadio do São Paulo FC.
- Estadio do Santos FC.
Véxase tamén
Outros artigos
- Campionato Brasileiro de Fútbol Série A
- Copa do Brasil
- Campionato Carioca
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads