Copa Libertadores

From Wikipedia, the free encyclopedia

Copa Libertadores
Remove ads

A CONMEBOL Libertadores[1][2] é a máxima competición continental de clubs de fútbol en Suramérica, organizada pola Confederación Suramericana de Fútbol, e que se disputa na primeira metade do ano dende 1960. Este torneo é o equivalente en Suramérica á Liga de Campións da UEFA en Europa.

Datos rápidos Tipo, Deporte ...

O equipo con máis títulos da Copa Libertadores é o Independiente de Avellaneda con 7. O actual campión é o Palmeiras de São Paulo que gañou as edicións de 2020 e 2021, contra Santos e Flamengo respectivamente.[3]

O equipo gañador da Copa Libertadores acada o dereito a disputar a Recopa Suramericana e a representar á Conmebol na Copa Mundial de Clubs da FIFA.

Remove ads

Formato da competición

A Copa Libertadores dispútase na primeira metade de cada ano, comezando en xaneiro e xogándose a final polo mes de xuño. O Brasil e a Arxentina achegan 5 equipos ó torneo, e cada ún dos restantes países da Conmebol achegan 3 equipos (o Uruguai, Chile, Paraguai, Bolivia, o Perú, Ecuador, Colombia e Venezuela). O país do equipo gañador na última edición, ten dereito a ter un representante a maiores. A Conmebol convida a México para que participe no torneo achegando outros 3 equipos. Deste xeito cada ano hai 38 equipos disputando a Copa Libertadores.

Primeira Fase

Na primeira fase participan os 12 peores equipos en función do xeito polo que acadaron o dereito a competir neste torneo. Por exemplo, Ecuador achega ós 3 primeiros equipos clasificados na súa liga o ano anterior, e neste caso o 3º equipo ten que partipar nesta primeira fase. Cada país ten un equipo nesta fase, menos o país do último campión, que ten 2 equipos nesta fase. A fase consiste nunha eliminatoria con encontros de ida e volta. Os 6 equipos gañadores pasan á segunda fase, que é a fase de grupos.

Fase de Grupos

A fase de grupos da Copa Libertadores é igual que a fase de grupos da Liga de Campións da UEFA. Consiste en 8 grupos con 4 equipos por grupo. Os 4 equipos de cada grupo xogan entre si na casa e fora, de xeito que cada equipo disputa 6 encontros, 2 fronte a cada equipo. Cando a fase de grupos remata, os 2 primeiros equipos de cada grupo pasan á seguinte fase, os oitavos de final.

Oitavos de final

Nos oitavos de final da Copa Libertadores enfróntanse os primeiros equipos da fase de grupos fronte ós segundos equipos. As eliminatorias son a dobre encontro, e os equipos que remataron primeiros na fase de grupos agora teñen dereito a xogar na casa o partido de volta. Os gañadores desta eliminatoria pasan a cuartos de final.

Cuartos de final

A esta fase do torneo chegan os 8 gañadores dos oitavos de final. Esta eliminatoria é igual que a anterior, a dobre encontro, ida e volta. O encontro de volta xógase na casa do equipo que foi mellor na fase de grupos, tendo en conta a posición no seu grupo (1º ou 2º) e os puntos e goles acadados. Os gañadores pasan ás semifinais.

Semifinais

Nas semifinais séguese a ter conta como foi a participación de cada un dos 4 equipos na fase de grupos para determinar quen xoga o encontro de volta na casa.

Final

Anteriormente a final da Copa Libertadores xogábase a dobre encontro, ida e volta, nos estadios que elixían os propios equipos, que ás veces eran os seus propios, e outras veces eran estadios próximos cunha maior capacidade para acoller ós seareiros. No caso de empate, o campión decidíase nos lanzamentos de penaltis. Dende 2019 xógase a partido único nun estadio neutral escollido pola Conmebol.[4]

Remove ads

Palmarés

É importante sinalar que no caso de producirse un empate nunha final da Copa Libertadores, non se aplica a norma do valor dobre dos goles marcados fóra da casa, como se fai en Europa en competicións como a Liga de Campións da UEFA ou a Copa do Rei. Se se tivese aplicado esa norma, moitos dos campións da Copa Libertadores non o terían sido. Por exemplo, na final da edición 2008 houbo un 4-2 en Quito a prol do LDU Quito e un 3-1 no Río de Xaneiro a prol do Fluminense FC. De terse empregado a "norma do valor dobre dos goles marcados fora da casa en caso de empate", o campión sería o equipo brasileiro, pero a final decidiuse nos penaltis, e o campión foi o equipo de Ecuador. Esta situación tamén sucedeu no ano 2000. Ata 1987 a norma era que se cada equipo gañaba un encontro (polo resultado que fora) había que desempatar a final e no 1987 tivo que xogarse un partido de desempate a pesar de que no primeiro encontro da final o CD América venceu por 2-0 en Cali ó CA Peñarol, e no encontro de volta o CA Peñarol venceu por 2-1. Xa no 1988, houbo unha prórroga despois do segundo xogo final entre Nacional de Montevideo e Newell's Old Boys e o Nacional tivo vantaxe por mellor 'goal average' (3-1 no total da final) e co empate de 0-0 na prórroga gañou a Copa pola terceira vez. Un total de 12 finais tiveron un 3º encontro de desempate, algunhas delas a pesar de non existir empate a goles no global dos 2 primeiros encontros da final.

Thumb
Imaxe da final 2011 entre Santos e Peñarol.
Thumb
O Estudiantes a finais dos anos 60.
Thumb
O Peñarol, gañador a comezos dos anos 60.
Máis información Tempadas, CAMPIÓN ...
Remove ads

Títulos por club

Máis información Equipo, Títulos ...

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads