Canal Sur Televisión
canle de televisión de emisión en Andalucía From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Canal Sur TV é a primeira cadea de Radio y Televisión de Andalucía, RTVA. É unha das cadeas da televisión autonómica de Andalucía.
Remove ads
Historia
Canal Sur comezou as súas emisións o 28 de febreiro de 1989, coincidindo coa festividade do día de Andalucía. Por aquel entón, a oferta televisiva de España reducíase as dúas cadeas públicas do estado (TVE), coa excepción doutras comunidades autónomas como Galicia (TVG), Cataluña (TV3) ou o País Vasco (ETB) que xa contaban coa súa propia cadea autonómica.
A televisión autonómica andaluza naceu coa intención de servir como instrumento da información e participación para todos os andaluces na sociedade, cultura e política do país. Ademais, pretendía ser un medio de difusión dos valores históricos e lingüísticos de Andalucía.
Canal Sur 2 apareceu en xuño de 1998, co que a oferta televisiva de RTVA aumentou, quedando Canal Sur como unha televisión de carácter xeral e entretemento, mentres que Canal 2 Andalucía estaría máis centrada na programación de tipo cultural e divulgativa, con especial interese nos ámbitos infantil e do deporte.
Canal Sur HD comezou as súas emisións en probas o 26 de febreiro de 2010. Comezou como unha única canle, en resolución 1080i, e con presenza no ámbito da provincia de Sevilla.
Remove ads
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads