Televisión Española

grupo de TV público de España From Wikipedia, the free encyclopedia

Televisión Española
Remove ads

Televisión Española (TVE) é a cadea de televisión máis antiga de España. Iniciou as súas emisións regulares o 28 de outubro de 1956 e pertence á Corporación Radiotelevisión Española desde o 1 de xaneiro de 2007. Ademais está asociada á Unión Europea de Radiodifusión.

Datos rápidos Persoas e organizacións, Actividade ...

TVE ten a súa sede nos estudios de Prado del Rey, en Pozuelo de Alarcón (Madrid). Desde o 1 de xaneiro de 2010 finánciase a través de subvencións públicas e impostos directos sobre os operadores privados de televisión e telefonía, abandonando o mercado publicitario. España é un dos poucos países da Unión Europea onde os cidadáns non pagan un canon para subvencionar de xeito parcial ou total a radiotelevisión pública.

Remove ads

Historia

A aparición da Televisión Española no ano 1956 é o comezo da televisión en España. A Constitución española define a súa misión no artigo 20: "Que protexe o dereito a comunicar ou recibir libremente información veraz por calquera medio de difusión".

No ano 1962 pasa a depender do Ministerio de Información e Turismo, do cal era Ministro Manuel Fraga Iribarne. Os primeiros contidos da canle eran informativos, musicais e publicidade. Todos os programas emitíanse en directo dende o Paseo de la Habana (Madrid).

En novembro de 1966 aparece a segunda canle de TVE (TVE2). En TVE2 emitiríanse os contidos deportivos, culturais e de servizo público de baixa audiencia.

En 1974 comeza a emitir en galego a media hora do programa informativo Panorama de Galicia.

En 1990 aparece a Lei de Televisión Privada a trae con ela novas canles (Antena 3, Telecinco, Canal+).

En 1994 créanse as canles temáticas Teledeporte e Canal Clásico que emiten vía satélite (agora Teledeporte emite por TDT), tamén comeza a emitir por vía satélite TVE internacional lanzado en 1989.

O 1 de xaneiro de 2010 desapareceu a publicidade en todas as súas canles (igual que noutras cadeas públicas europeas como a BBC ou France 2). Ademais eliminouse a posibilidade de que TVE poida ter canles TDT de pagamento como os operadores privados.

Coa chegada da Televisión Dixital Terrestre Televisión Española conta con maior número de canles. O 3 de abril de 2010 completouse o apagamento analóxico, cesando definitivamente as emisións de La 1 e La 2 por este medio.

Remove ads

Logotipos

Máis información 1956 - 1962, 1962 - 1991 ...

Canles

Máis información Cadea, Descrición ...
Remove ads

Centros territoriais e de produción

Ademais dos seus estudos en Madrid, TVE conta ademais con dous centros de produción:

  • TVE Cataluña: destinado á produción de programas rexionais en catalán, e doutros programas a nivel nacional, como Saber y Ganar, ademais dalgunhas cadeas da corporación, como La 2 ou Teledeporte. O centro fundouse en Miramar en 1959, e os seus estudos atópanse actualmente, e desde 1983, en Sant Cugat del Vallès. Emite o seu informativo territorial L'informatiu todos os días.
  • TVE Canarias: dedicado á produción de programas da rexión e á adaptación de programación debido á diferenza horaria das Canarias. Fundado en 1964, ten a súa sede nas Palmas de Gran Canaria, e ata 1971 tivo autonomía completa relativa á programación ata que puido enlazar a La 1 peninsular a través da rede de satélites Intelsat. Emite o seu informativo territorial todos os días.

No resto de comunidades, TVE conta en cada unha delas cun Centro Territorial encargado de realizar o informativo da rexión. O devandito informativo emítese de luns a venres ás dúas en punto (agás Canarias, que emite tamén os sábados e domingos; e Cataluña, que ademais emite unha segunda emisión do seu informativo territorial ás 8 en La 2). Os seus nomes, idioma e anos de creación son:

Televisión Española non conta cun Centro Territorial na Comunidade de Madrid, debido a que a sede central da Corporación RTVE xa se atopa en Madrid, aínda que si emite Informativo Madrid.

Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads