Cancer
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Cancer é un xénero de crustáceos decápodos mariños, o tipo da familia dos cáncridos (Cancridae), que inclúe 8 especies viventes e 3 extintas, entre elas cangrexos tan familiares da zona litoral como Cancer pagurus, o boi[2][3][4] ou boi de Francia.
- Para a constelación Cancer ou Cangrexo, véxase Cáncer (constelación).
- Para as enfermidades coñecidos xenericamente como cáncer ou cancro, véxase Cancro.




Remove ads
Descrición
As especies do xénero Cancer caracterízanse pola presenza dunha única puga posterolateral (no bordo do cacho, cara a parte traseira), espiñas anterolaterais con fisuras profundas (no bordo do cacho, cara á rexión frontal) e unha breve extensión do cacho cara a adiante, entre os ollos.[5]
As súas pinzas son xeralmente curtas, con quillas granuladas ou lisas, non espiñentas.[5]
O cacho é tipicamente oval, e os ollos están bastante separados.[5]
Remove ads
Especies
O xénero Cancer comprende oito especies viventes:[6][7]
- Cancer bellianus Johnson, 1861
- Cancer borealis Stimpson, 1859
- Cancer irroratus Say, 1817
- Cancer johngarthi Carvacho, 1989
- Cancer pagurus Linnaeus, 1758
- Cancer plebejus Poeppig, 1836
- Cancer porteri Rathbun, 1930
- Cancer productus J. W. Randall, 1840
Tamén se inclúen tres especies fósiles:[5]
- Cancer fissus Rathbun, 1908 – do plioceno de California
- Cancer fujinaensis Sakumoto, Karasawa & Takayasu, 1992 - do mioceno do Xapón
- Cancer parvidens Collins & Fraaye, 1991 – do mioceno dos Países Baixos
Como a delimitación xenérica baséase nos caracteres do cacho, Schweitzer e Feldmann non puideron confirmar a inclusión de Cancer tomowoi no xénero, xa que se conservan só partes do esterno e das patas.[5] Por outra parte, outras especies incluídas até hai pouco no xénero transferíronse a outros, como Glebocarcinus, Metacarcinus e Romaleon.[6]
Remove ads
Historia taxonómica
Cando a nomenclatura zoolóxica foi estandarizada Carl Linnaeus en 1758 (10ª edición de Systema Naturae, o xénero Cancer incluía a case todos os crustáceos, entre eles a todos os cangrexos.[7][8]
O dificultoso xénero de Linnaeus pronto foi dividido en unidades máis significativas, e Cancer restrinxiuse a un grupo de verdadeiros cangrexos por Pierre André Latreille en 1802 (Histoire naturelle, générale et particulière des Crustacés et des Insectes).[7] Latreille designou a C. pagurus como a especie tipo en 1817.[6]
En 1975 J. Dale Nations dividiu o xénero Cancer en catro subxéneros: Cancer (Cancer), Cancer (Glebocarcinus), Cancer (Metacarcinus) e Cancer (Romaleon).[7][9]
Cada un destes subxéneros agora considéranse como xéneros independentes, como tamén o é o xénero Platepistoma, erixido por Mary J. Rathbun e restaurado en 1991..[7]
Desde entón, outros xéneros se describiron para albergar especies previamente incluídas en Cancer , de xeito que hoxe contén tan só oitio especies.[7]
Historia evolutiva
Os primeiros fósiles que poden atribuirse con certeza ao xénero Cancer son os de C. fujinaensis, do mioceno do Xapón.[5]
O xénero, por tanto, evolucionaría no norte do océano Pacífico, quizais durante o mioceno, e se estendería a través deste océano e do Atlántico no plioceno ou no plistoceno, cruzando a liña ecuatorial e o estreito de Panamá.[5]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads