Cancioneiro popular galego
recompilación de cancións populares galegas feita por Dorothé Schubarth e Antón Santamarina From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Cancioneiro popular galego é un traballo de investigación realizado por Dorothé Schubarth e Antón Santamarina e promovido pola Fundación Barrié, que recolle unha amplísima recompilación das cancións populares do país. Esta obra supón a máxima achega realizada até o momento na área de coñecemento e conservación do folclore musical de Galicia. Cada un dos sete volumes divídese nun tomo de melodías e partituras e outro de letras.[1]
Remove ads
Características
O traballo de recolleita levouse a cabo, entre 1978 e 1983 por Dorothé Schubarth, coa inestimábel axuda de Antón Santamarina, por trinta e oito zonas, tanto en Galicia coma noutras áreas de fala galega. A riqueza, a diversidade e a particularidade das melodías, coplas, lendas e contos prolongaron o traballo máis do inicialmente planeado e permitiron configurar un corpus de traballo sobre o que fundar unha nova metodoloxía etnomusicolóxica, con novos parámetros de clasificación e de estudo, que continúan a influír nos investigadores actuais. O resultado deste inmenso labor foi a publicación do Cancioneiro Popular Galego, en sete volumes editados en 1984 pola Fundación Barrié, que apoiou economicamente a prolongada estancia da profesora Schubarth en Galicia.[2]
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads