Cangrexo ermitán

especie de crustáceo From Wikipedia, the free encyclopedia

Cangrexo ermitán
Remove ads

O cangrexo ermitán propiamente dito,[2][3] tamén denominado simplemente ermitán [4] e carlou,[4] Pagurus bernhardus, é unha especie de crustáceo decápodo da infraorde dos anomuros, superfamilia dos paguroideos, a máis común das da familia dos pagúridos nas costas europeas do océano Atlántico.

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Remove ads

Taxonomía

A especie foi descrita en 1758 por Lineo na décima edición da súa obra Systema naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis ("Sistema da natureza, nos tres reinos da natureza, segundo clases, ordes, xéneros e especies, con características, diferenzas, sinónimos, lugares"),[5] baixo o nome de Cancer bernhardus.[5]

Ao longo do tempo o ermitán coñeceuse polos sinónimos seguintes:[5]

  • Bernhardus typicus Dana, 1851
  • Cancer bernhardus Linnaeus, 1758 (basónimo)
  • Eupagurus bernhardus (Linnaeus, 1767)
  • Pagurus streblonyx Leach, 1815
  • Pagurus ulidianus Bell, 1845
Remove ads

Hábitat e distribución

Pagurus bernhardus encóntrase en zonas rochosas e areosas das costas do Atlántico nororiental,[6] desde o Ártico (Svalbard, Islandia e norte de Rusia) até, polo sur, ás meridionais de Portugal,[7] internándose así mesmo polas do mar Mediterráneo.[8] Tamén se encontra nas illas Azores.[9]

Pode verse en pozas na zona intermareal, na baixamar, e en augas de até unha profundidade de aproximadamente 140 m. Os exemplares máis pequenos son os que adoitan verse nas pozas, mentres que os máis grandes habitan en zonas profundas.

Remove ads

Características e bioloxía

Trátase dun pequeno cangrexo duns 3,5 cm de lonxitude,[10] que, debido á desprotección do seu abdome non calcificado (como en todos os paguroideos), utiliza como protección ou casa ambulante cunchas baleiras de gran número de moluscos gasterópodos, como as de Littorina littorea, Littorina obtusata, Nassarius reticulatus, Gibbula umbilicalis, Nucela lapillus e de varias especies de cornos do xénero Buccinum.[11][12]

Nas zonas de augas máis quentes da súa área de distribución, a anemone de mar Calliactis parasitica adoita encontrarse adherida á cuncha ocupada por Pagurus bernhardus. Nas augas máis frías, este papel desempéñao Hormathia digitata.[12]

Os cangrexos ermitáns loitan entre si para conseguir boas cunchas nas que albergarse, e teñen preferencia polas de certas especies.[12]

Alimentación

O ermitán é un omnívoro que se alimenta sobre todo de cadáveres (detrirívoro),[13][14] aproveitando as oportunidades que lle ofrecen as preas que encontra, comendo tamén as algas que están mesturadas con elas,[15] pero tamén pode filtrar alimento do plancto cando é necesario.[16]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads