Cangrexo real

especie de crustáceo From Wikipedia, the free encyclopedia

Cangrexo real
Remove ads

O cangrexo real [1][2][3][4] (Chaceon affinis) é unha especie de crustáceo decápodo braquiúro da familia dos xeriónidos.

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Remove ads

Taxonomía

A especie foi definida en 1894 por Alphonse Milne-Edwards e Eugène Louis Bouvier, co nome de Gerypon affinis.[5]

Durante moito tempo coñeceuse polo seu sinónimo Geryon affinis,[6] até que hai pouco foi reclasificada dentro do xénero Chaceon.

Hábitat e distribución

O cangrexo real é unha especie de profundidade, entre os 400 e os 2000 m de profundidade, e sobre todo tipo de substratos,[4] que habita nas costas do Atlántico oriental, desde Islandia até o oeste de África, incluíndo as illas Azores, Madeira, Canarias e Cabo Verde, até Suráfrica, e na coata leste de Norteamérica, nas do océano Índico e nas de Australia.[6][7][8]

Características

As principais características morfolóxicas do cangrexo real son:[7]

  • Casca de forma hexagonal, máis larga que longa, de entre 13 a 15 cm de anchura, nos machos.
  • Marxes anterolaterais do cacho con cinco dentes pouco desenvolvidos.
  • Marxes posterolaterais longas, case rectas e converxentes.
  • Rexión frontal con dous dentes ou lóbulos estreitos.
  • As anténulas repréganse transveralmente oblicuas.
  • O artello basal daa antenas é máis longo que largo.
  • Os quelípodos son moderadamente grosos, e algo desiguais.
  • Os pereiópdos do 2º ao 5º par son longos e moderadamente delgados, sendo os do 3º e o 4º loxeiramente máis longos que o resto.
  • O abdome presenta todos os segmentos libres en amos os dous sexos.
  • O primeiro pleópodo do macho é robusto e curto, coa punta curvada cara a fóra.; a parte basal é ancha e vai estreitándose gradualmente.

En Galicia

En Galicia encóntrase en abundancia no banco de Galicia, a 100 millas de Fisterra, onde se apañaron exemplares de tamaños que oscilaban entre os 9 e os 19 cm de anchura do cacho, e que foron capturados a uns 700 m de profundidade con nasas e accidentalmente con palangre.[7]

Segundo o investigador Germán Pérez-Gándaras Pedrosa, do Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, esta especie podería ser potencialmente explotábel, cara á súa comercialización para o consumo.[7]

De feito, a partir do ano 1999 as súas capturas son significativas. Para pescalo hai barcos especialmente preparados con nasas específicas de maior tamaño que as habituais. Ocasionalmente encallan nas raeiras.[4]

O tamaño mínimo permitido para a súa captura é de 10 cm.[4]

Remove ads

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads