Cabra montesa galega

subespecie de mamífero From Wikipedia, the free encyclopedia

Cabra montesa galega
Remove ads

A cabra montesa galega[1] ou cabra montés portuguesa[2] (Capra pyrenaica lusitanica) é unha subespecie extinta da cabra montesa que habitaba antigamente nas zonas montañosas do norte de Portugal, Galicia, Asturias e Cantabria occidental.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Remove ads

Taxonomía

A subespecie foi descrita en 1872 polo naturalista alemán Hermann Schlegel.[3]

Extinción

Este animal foi exterminado debido á caza excesiva e a destrución do seu hábitat a finais do século XIX, desaparecendo en 1890 de España e en 1892 do seu derradeiro refuxio na portuguesa serra do Gerês.

Reintrodución dunha subespecie semellante

Dende 1993 a Xunta de Galicia está repoboando algunhas zonas de Galicia con cabras montesas da Serra de Gredos, membros da subespecie máis semellante aínda viva, a Capra pyrenaica victoriae da Meseta Central.

Esta política foi imitada por Asturias e está en estudo en Cantabria, aínda que neste caso é máis por motivos cinexéticos e turísticos que polo interese medioambiental.[Cómpre referencia]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads