Meseta Central

From Wikipedia, the free encyclopedia

Meseta Centralmap
Remove ads

A Meseta Central é a unidade de relevo máis antiga da Península Ibérica e a que ocupa a maior parte da súa superficie. A súa orixe atópase no macizo hespérico xurdido co movemento de oroxénese herciniano na era primaria. Este macizo foi arrasado pola erosión na era secundaria quedando convertido nunha penechaira que constitúe o zócolo da actual meseta, posteriormente alterado na era terciaria polos movementos da oroxénese alpina e a erosión e sedimentación ocorridas na era cuaternaria.

Datos rápidos Tipo, Situado na entidade xeográfica ...
Thumb
Relevo da Península Ibérica.
Thumb
Vista panorámica da Meseta Central (Submeseta Sur).
Thumb
Paisaxe de Peñalba de Ávila (Submeseta Norte).

Durante a era Terciaria a oroxénese alpina afectou ao antigo macizo hespérico alterando os seus rebordes, producindo a aparición do Macizo Galaico, os montes de León e os Montes Vascos e o pregamento dos seus rebordes como son a Cordilleira Cantábrica, ao norte, o Sistema Ibérico, ao nordés, e a flexión-falla de Serra Morena ao sur. Esta oroxénese produciu o choque da placa africana contra a europea comprimindo no medio aos restos de macizo hespérico producindo ademais a fractura do zócolo que deu lugar aos montes de Toledo e o Sistema Central. Ademais os restos do macizo bascularon cara ao oeste sendo máis tarde sometidos a un proceso de sedimentación que está máis presente no seu lado oriental.

O resultado final dos procesos xeolóxicos é unha meseta cunha altitude media ao redor dos 600 metros, aínda que a altitude media da Submeseta Norte, a situada ao setentrión do Sistema Central, é maior que a meridional e onde o proceso de sedimentación é maior no seu lado oriental mentres que o occidental son máis visibles os materiais duros e cristalinos orixinais do macizo hespérico. A concepción da Meseta Central como unha gran alti-chaira separada do resto e situada no centro da Península é relativamente recente e non existía antes do século XIX: foi Alexander von Humboldt, precisamente, quen primeiro falou da existencia desta unidade do relevo central español.

Remove ads

Véxase tamén

Outros artigos

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads