Tiburón lobo

From Wikipedia, the free encyclopedia

Tiburón lobo
Remove ads

O tiburón lobo[1][2][3] Carcharhinus plumbeus, é unha especie de tiburón da familia dos carcarrínidos (Carcharhinidae) que vive nos océanos Atlántico (incluíndo o mar Mediterráneo), Índico e Pacífico.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...

Distínguese pola súa aleta dorsal que é máis alta que a doutros tiburóns.[4]

Remove ads

Características

Thumb
Tiburón lobo pescado no Atlántico.

O tiburón lobo é un dos máis grandes tiburóns costeiros do mundo. As femias poden chegar aos 2-2,5 m de lonxitude, e os machos até 1,8 m. Ten o fociño arredondado, e máis curto que a media noutros tiburóns. Os dentes superiores teñen en xeral as cúspides irregulares, con bordos afiados. A primeira aleta dorsal é moi alta, e de forma triangular. A segunda aleta dorsal e anal están moi próximas unha doutra. A súa cor pode variar, nas partes superiores, desde un azulado a un gris apardazado con tonalidades de bronce; as inferiores son de cor branca ou amarela pálida.

Remove ads

Historia natural

Hábitat

Os tiburóns lobos nadan sos ou ben reunidos en grupos de tamaño variábel, separados por sexos.

Encóntranse comunmente sobre fondos lamentos ou areosos en augas costeiras pouco profundas, tales como baías, esteiros e até en portos, pero tamén nadan en augas máis profundas (200 m ou máis).

Viven en augas tropicais e temperadas de todo o mundo, ao oeste do Atlántico, desde Massachusetts até o Brasil; os xuvenís, son comúns e abundantes na parte baixa da baía de Chesapeake (Virxinia), e as zonas de cría se encontran desde a baía de Delaware até Carolina do Sur. Outras zonas de cría coñecidas son Marmaris e Muğla, en Turquía.[5]

Alimentación

Mostran preferencia pola captura de presas pequenas de hábitos bentónicos. Comen peixes planos (curuxos, linguados etc.) corvinas (esciénidos), anguías, muxos, robalizas, polbos e lagostas.

Reprodución

Thumb
Debuxo dun tiburón lobo.

O tiburón lobo é unha especie ovovivípara, con camadas de 15 a 20 crías.

Remove ads

Estado de conservación

Segundo a IUCN, o status do tiburón touro en 2012 era de VU (especie vulnerábel).[6]

En Galicia

Segundo Rodríguez Villanueva et al. (1992), o tiburón touro é visitante ocasional das augas galegas.[7]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads