Cardiff Rugby
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
O Cardiff Rugby (en galés: Rygbi Caerdydd), até 2021 coñecido como Cardiff Blues (Gleision Caerdydd), é un dos catro equipos profesionais de rugby de Gales. Con sede na cidade de Cardiff, a capital de Gales, xoga os seus encontros como local no Cardiff Arms Park, un estadio con capacidade para 12.125 espectadores. Os Cardiff Blues son os responsables do desenvolvemento do rugby na cidade de Cardiff, Bro Morgannwg, Rhondda Cynon Taf, Merthyr Tydfil e o sur de Powys. Hai en total 75 clubs asociados aos Blus neste rexión, incluído aos semiprofesionais Pontypridd RFC e Cardiff RFC da Welsh Premier Division.
Actualmente o equipo compite no Pro14, unha liga que inclúe equipos profesionais de Escocia, Gales, Irlanda, Italia e Suráfrica. Até 2018 tamén disuptaban a Anglo-Welsh Cup, onde se enfrontaban a equipos galeses e ingleses. A nivel europeo, ten participado tanto na European Rugby Champions Cup como na European Rugby Challenge Cup, competición que gañaron en 2010 tras gañar por 28−21 ao Toulon (sendo o primeiro equipo galés en gañar un título europeo) e en 2018, onde venceron na final ao Gloucester por 31-30.
Remove ads
Elenco
Os seguintes son os xogadores do Cardiff para o Pro14 de 2019−20.[1]
Remove ads
Xogadores destacados
British and Irish Lions

Os seguintes xogadores xogaron cos British and Irish Lions.
Internacionais

Os seguintes son xogadores dos Blues que foron máis de 20 veces internacionais coas súa seleccións.
Dan Baugh
Matt Cockbain
Bradley Davies
Ben Evans
Ed Fairhurst
Leigh Halfpenny
Iestyn Harris
Jonah Lomu
Pieter Muller
Dan Parks
Craig Quinnell
Jamie Roberts
Kort Schubert
Robert Sidoli
Ceri Sweeney
Gareth Thomas
T. Rhys Thomas
Martyn Williams
John Yapp
Remove ads
Adestradores
A seguinte é unha lista de todos os adestradores da historia dos Blues.
Palmarés
As mellores actuacións do club no campionato ligueiro foron os dous subcampionatos acadados nos anos 2006−07 e 2007−08, por detrás de Ospreys e Leinster respectivamente. Na tempada 2008/09 o club fíxose co título copeiro batendo na final a Gloucester por 50-12. Na tempada 2009−10 chegou o seu primeiro título europeo, cando gañou a Challenge Cup batendo a Toulon por 28-21. A súa segunda Challenge Cup chegou en 2017−18, eta vez após gañar ao Gloucester por 31-30.
- Anglo-Welsh Cup (1): 2008−09
- Challenge Cup (2): 2009−10 (primeiro título continental dun equipo galés), 2017−18.
Remove ads
Galería
- Rexións galesas de rugby. En azul a zona representada por Cardiff Blues.
- Interior do Cardiff Arms Park. Detrás del, o Millennium Stadium.
- Leigh Halfpenny, ex-zagueiro dos Cardiff Blues e da selección galesa.
- Sam Warburton, excapitán galés e dos Cardiff Blues.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads