Cardo

nome común dun grupo de plantas herbáceas silvestres From Wikipedia, the free encyclopedia

Cardo
Remove ads

Cardo é o nome común dun grupo de plantas herbáceas silvestres con follas e inflorescencias espiñentas da cal existen varias especies. A maioría pertencen á familia Asteraceae (asteráceas). Os espiños aparecen por toda a planta –nos talos e nas partes planas das follas; son unha adaptación que protexe as plantas de ser comidas polos animais herbívoros. Tipicamente, as cabezas florais están formadas por unha especie de invólucro en forma de cáliz que abraza os pétalos. O termo cardo emprégase ás veces para nomear as plantas da tribo Cynareae (sin.: Cardueae),[1] especialmente os xénero Carduus, Cirsium, e Onopordum.[2] Porén, algunhas plantas fóra desta tribo coñécense vulgarmente co nome galego cardo. O Dicionario das ciencias da natureza e da saúde[3] di que se chama cardo a diferentes das familias das compostas, dipsacáceas, papaveráceas, solanáceas e umbelíferas, especialmente os xéneros Carduus sp. e Cirsium sp. O cardo asneiro é o emblema floral de Escocia.

Thumb
Flor do cardo de Santa María.
Thumb
Cirsium arizonicum, amosando a súa lanuxe en talos e follas.
Remove ads

O cardo é a flor nacional de Escocia (especialmente o cardo asneiro) dende hai 700 anos. Segundo a lenda os viquingos que intentaban atacar Escocia á noite, decidiron descalzarse para non facer ruído. Porén acabaron picándose nos cardos e os seus berros de dor alertaron os escoceses[4].

Refraneiro

  • Tèrra que dá cardo, pra min a gardo; a que dá o espiño pró meu veciño[5].
  • Corta cardos en abril, e de cada un naceranche mil.
  • O cardo e o queixo, ao peso.
  • Ao cardo que ha de picar, logo lle nacen espiñas.
  • O cardo que ha de picar, xa espiñas trai ao nacer.[6]
Remove ads

Taxonomía

Thumb
Carduus nutans na alborada.

Cardos na familia Asteraceae

As plantas con nome vulgar cardo pertencen aos seguintes xéneros incluídos na familia Asteraceae:

Cardos noutras familias

Existen plantas noutras familias que en galego reciben o nome vulgar de cardo:

Remove ads

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Remove ads