Pobo caribe
From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Os caribes,[3][4] tamén chamados kalinagos, son unha tribo amerindia, un dos primeiros grupos que habitaron as Antillas Menores e serviron de inspiración ao nome da rexión homónima de América.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Caribe.
A familia lingüística caribe figurou entre as máis importantes de América do Sur, non só polo elevado número de tribos que a compuñan, senón polo seu marcado carácter expansionista. Os seus centros de dispersión abarcaron as costas do norte de Colombia, Venezuela e as Güianas, estendéndose cara ao norte das Antillas Menores e outros puntos das Antillas Maiores.
Remove ads
Costumes
Os caribes agrupábanse en clans patrilineais que, aos poucos, nas Antillas, cederon terreo aos matrilineais. Predominaba a exogamia e era frecuente a poligamia, sendo a posición da muller inferior á do home.
Cultivaban millo, iuca, feixóns e froitas tropicais, especialmente nas Güianas e as Antillas. A pesca constituía tamén parte da súa actividade.
As primeiras crónicas descríbenos como un pobo agresivo e practicante do canibalismo.
Remove ads
Expansión

A rápida expansión precolombiana do pobo caribe debeuse á súa habilidade e aos seus coñecementos: eran expertos navegantes e construtores de canoas lixeiras de gran capacidade. Os territorios ocupados estendéronse do norte do Amazonas (carijona e panares), ata a aba dos Andes, onde destacaron as tribos de yukpas, macoas, chaparros e caratos,
A ampla expansión caribe propiciou o contacto, polo xeral pouco amigable, con tribos arauacas e tupís.
Remove ads
A chegada dos europeos
Os caribes foron desprazados polos españois e finalmente foron case exterminados durante o período colonial. Con todo, foron capaces de conservar algunhas illas, como San Vicente, Dominica, Santa Lucía e Trinidad. Os caribes negros (garífuna) de San Vicente que se mesturaron con escravos negros dun naufraxio foron deportados en 1795 á Illa Roatan, en Honduras, onde os seus descendentes, os garífuna, aínda viven hoxe. Os británicos viron menos hostís os caribes de San Vincente e permitíronlles permanecer nesta illa. A resistencia caribe atrasou o establecemento de europeos en Dominica, e as comunidades Caribe que permaneceron en San Vicente e Dominica conservaron un grao de autonomía no século XIX. O número de Caribes en Dominica hoxe é aproximadamente de 3.000, aínda que xa non queda ningún indíxena que coñeza a súa lingua (a lingua foi dada por morta no ano de 1920).
Varias palabras de orixe caribe engrosaron as linguas que se falan nas Antillas: español, inglés ou francés (en menor grao); por exemplo: furacán, hamaca e iguana, entre outras.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads